Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Accións de información e de promoción dos produtos agrícolas no mercado interior e en terceiros países

Programa

MEDIDAS DE INFORMACIÓN NO EIDO DA POLÍTICA AGRÍCOLA COMÚN

Obxectivo xeral

Axudas para a realización de programas de información e promoción de produtos agrícolas en mercado interior e terceiros países previstas no Regulamento (CE) n.º 3/2008 do Consello, así como os requisitos mínimos que deben cumprir os solicitantes e os programas presentados.

Eidos de actuación

- Accións de relacións públicas, promoción e publicidade que se destinen, en particular, a destacar as características intrínsecas e as vantaxes dos produtos comunitarios no referente á calidade, a seguridade dos alimentos, os métodos de produción específicos, os aspectos nutricionais e sanitarios, a etiquetaxe, o benestar dos animais e o respecto do medio.
- Campañas de información, en particular sobre os réximes comunitarios aplicables ás denominacións de orixe protexidas (DOP), as indicacións xeográficas protexidas (IGP), as especialidades tradicionais garantidas (ETG) e a produción ecolóxica, así como outros réximes comunitarios relativos ás normas de calidade e á etiquetaxe dos produtos agrícolas e alimenticios, e os símbolos gráficos establecidos na lexislación comunitaria aplicable
- Campañas de información sobre o réxime comunitario dos viños con denominación de orixe protexida ou indicación xeográfica protexida, os viños con indicación da variedade de uva de vinificación e as bebidas espirituosas con indicación xeográfica protexida.
- Estudos de avaliación dos resultados obtidos coas accións de información e de promoción.
- No mercado interior, campañas de información sobre o consumo responsable de alcohol e os problemas asociados co seu consumo perigoso.
- No mercado interior as accións subvencionables poderán consistir tamén na participación en salóns, feiras e exposicións de importancia nacional ou europea, mediante a montaxe de postos que se destinen a valorizar a imaxe dos produtos comunitarios.
- En terceiros países, poderán adoptar tamén a forma seguinte:
- Accións de información sobre o réxime comunitario aplicable aos viños de mesa;
- Participación en salóns, feiras e exposicións de importancia internacional, especialmente mediante postos destinados a valorizar a imaxe dos produtos comunitarios
- Estudos de novos mercados, necesarios para a busca de novas saídas comerciais;
- Misións comerciais de alto nivel.

Destinatarios

Cando os programas sexan propostos por varios Estados membros, deben incluír estratexias, actuacións e mensaxes coordinadas,
Os programas serán preferentemente plurianuais e deberán ter un alcance suficiente para surtir un efecto significativo nos mercados destinatarios; no seu caso, poderanse levar á práctica nos mercados de varios Estados membros.
As mensaxes dos programas deberán informar de xeito obxectivo sobre as características intrínsecas e/ou o valor nutritivo dos produtos como parte dunha dieta equilibrada, sobre os seus métodos de produción ou o seu carácter respectuoso co medio.
Os programas conterán mensaxes esenciais de interese para os consumidores, os profesionais e o comercio de varios Estados membros.

O procedemento de concesión destas axudas tramitaranse en réxime de concurrencia competitiva, e no mesmo atenderase ao previsto nos artigos 8 a 13 do Regulamento (CE) n.º 501/2008.
A instrución do procedemento levarase a cabo pola Dirección Xeral da Industria Alimentaria do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

A oferta elexida representará a mellor relación calidade/prezo. Se a selección non recae na proposta económica máis ventaxosa deberá xustificarse expresamente.

Financiamento

O financiamento e o pagamento da axuda nacional efectuarase con cargo á aplicación orzamentaria 23.211.412 M. 473 dos Presupostos Xerais do Estado do exercicio 2014 por un importe máximo total de 400.000 euros. A concesión e o pagamento das axudas quedarán supeditados á existencia de crédito axeitado e suficiente no momento de resolución da concesión.
A aportación da UE será como máximo dun 50%, aínda que nalgúns casos poderá chegar ao 75%

Duración do proxecto

2014

Data de publicación

12/03/2014

Data límite de solicitude

15/04/2014

Contacto

Información do programa: http://www.programasue.info/ficha.asp?Id=&Id_f=177

Convocatoria no BOE: http://programasue.info/documentos/2014-BOE-061.pdf

Comentarios

Para enviar as solicitudes: Modelo do «formulario para a presentación de programas de promoción cofinanciados pola UE» establecido pola Comisión Europea (dispoñible en http://ec.europa.eu/agriculture/prom/forms/appliform_es.doc)

As solicitudes poderán presentarse dende o día seguinte ao da publicación desta resolución no «Boletín Oficial do Estado», ata o 15 de abril de 2014 acompañadas da documentación correspondente.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante