Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Axuda para medidas de información no ámbito da política agrícola común - PAC 2013.

Programa

MEDIDAS DE INFORMACIÓN NO EIDO DA POLÍTICA AGRÍCOLA COMÚN

Obxectivo xeral

A convocatoria baséase no Reglamento (CE) no 814/2000 do Consello, de 17 de abril de 2000, sobre as medidas de información no ámbito da Política Agrícola Común, que define o tipo de medidas de información que a Unión Europea pode cofinanciar, así como o seu contido. O Reglamento (CE) no 2208/2002 da Comisión, modificado polo Reglamento (CE) no 1820/2004, establece as disposicións de aplicación do Reglamento (CE) no 814/2000 do Consello.

Tema prioritario: A PAC reformada.
Temas específicos:
a) Cidadáns: Os tres temas prioritarios versarán sobre cuestións xerais sobre a PAC e centrranse en elementos clave: seguridade alimentaria, xestión sostible dos nosos recursos naturais e desenvolvemento das nosas zonas rurais.
b) Axentes rurais: as accións deberán centrarse en temas máis específicos, en particular a execución de novas medidas implantadas pola reforma da PAC, tales como a converxencia das axudas directas, a súa «ecoloxización», a condicionalidade, medidas específicas de apoio a determinados tipos de produción, la axuda a xoves agricultores e pequenas explotacións, a innovación e a reestruturación.

Obxectivo específico da convocatoria

As campañas de comunicación integrada deben ter unha repercusión considerable que poda medirse mediante indicadores externos e internos obxectivamente comprobables, que incluirán unha ou varias das actividades que se mencionan a continuación:
- Produción e distribución de material multimedia ou audiovisual.
- Produción e distribución de material impreso (publicacións, carteis, etc).
- Creación de instrumentos en Internet e a través das redes sociais.
- Actividades do tipo «granxa na cidade» que axuden a explicar a importancia da agricultura á poboación urbana.
- Acontecimentos do tipo «portas abertas» encamiñados a mostrar aos cidadáns a función da agricultura.

Eidos de actuación

Aberto para entidades públicas de todo tipo, así como para universidades localizadas nalgunha das zonas de actuación.

Destinatarios

As entidades ou organizacións que participen deberán dispoñer da súa sede social no ámbito xeográfico da Unión Europea.

Financiamento

A cantidade máxima cofinanciada pola convocatoria sitúase no 50%, podendo alcanzar o 75% en casos excepcionais cando o recomende o elevado interese da proposta.

Orzamento total da convocatoria

A previsión de financiamento comunitario dispoñible para a convocatoria de propostas é de 3 millóns de euros.

Data de publicación

13/09/2013

Data límite de solicitude

30/11/2013

Documentación

Contacto

agri-grants-applications-only@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante