Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

ESPON 2013

Programa

ESPON

Obxectivo xeral

ESPON é a Rede Europea de Observación do Desenvolvemento e a Cohesión Territorial.
Apoia o desenvolvemento de políticas relacionadas coa política de cohesión da UE. Está cofinanciado polo Fondo Europeo de
Desenvolvemento Rexional en virtude do obxectivo nº 3 de cooperación territorial europea e por 31 países (27 Estados membros da UE, Islandia, Liechtenstein, Noruega e Suiza).

Eidos de actuación

1. Proxectos de investigación aplicada.
2. Análises específicos baseados nas manifestacións de interese das partes interesadas.
3. No marco da Plataforma Científica de ESPON.
4. Para actividades transnacionais de creación de redes por parte da rede de puntos de contacto de ESPON.

Destinatarios

Organismos públicos e privados de 31 países (27 Estados membros da UE, Islandia, Liechtenstein, Noruega e Suiza), investigadores e institucións de investigación, universidades, científicos, expertos, equipos universitarios, etc poderán presentar as súas propostas.
A convocatoria para actividades transnacionais de creación de redes vai destinada ás institucións confirmadas como puntos de contacto nacionais de ESPON.

Orzamento total da convocatoria

1. Convocatoria de propostas para proxectos de investigación aplicada:
— Rexións veciñas europeas ( 750.000 EUR)
— Pequenas e medianas cidades no seu contexto territorial funcional (650.000 EUR)
— Dimensión territorial da pobreza e exclusión social en Europa (750.000 EUR)
— Crisis económicas: solidez das Rexións (759.153 EUR)
2. Convocatoria de propostas para análises específicos baseados nas manifestacións de interese das partes interesadas:
— Polos de crecemento no sudeste de Europa (360.000 EUR)
— Principais indicadores da cohesión territorial e a planificación espacial (360.000 EUR)
— Paisaxes habitables para un desenvolvemento territorial sostible (379.796,09 EUR)
— Política paisaxística para o Parque dos tres países (360.000 EUR)
— Mar do Norte: Difusión dos resultados transnacionais (340.000 EUR)
3. Convocatoria de propostas no marco da Plataforma Científica de ESPON:
— Vixiancia territorial e información da UE (598.000 EUR)
— Atlas da ESPON sobre a dinámica e as estruturas territoriais europeas (150.000 EUR)
— Detección dos retos e do potencial dos territorios (350.000 EUR)
— Paquete de resultados territoriais dos programas do FEDER (500.000 EUR)
— Instrumento cartográfico en liña de ESPON (150.000 EUR)
— Control territorial nunha macrozona europea: unha proba para a rexión do Mar Báltico (360.000 EUR)
4. Convocatoria de propostas para actividades transnacionales de creación de redes por parte da rede de puntos de contacto de ESPON:
— Actividades de capitalización a escala transnacional por parte da rede de puntos de contacto de ESPON (600.227 EUR)

Data de publicación

24/08/2011

Data límite de solicitude

20/10/2011

Documentación

Comentarios

O 13 de setembro de 2011 terán lugar en Bruselas unha xornada informativa (Info Day) e un foro Partner Café para posibles beneficiarios.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante