Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

ESPON. Cohesión territorial e desenvolvemento harmónico do territorio.

Programa

ESPON

Obxectivo xeral

O obxectivo de ESPON é contribuir a unha maior cohesión territorial entre as rexións europeas, engadido á implementación do ESDP a través da concentración de aspectos técnicos e científicos do desenvolvemento espacial e políticas territorials. Proporciona estudos con enfoque nos distintos tópicos do desenvolvemento territorial, aumentando o coñecemento no desenvolvemento espacial e nos impactos espaciais das politicas. Ten como obxectivo dispoñer de fundamentos científicos e tomadores de decisións profesionais e científicos, en todos os níveis (europeo, nacional, rexional e local) para o emprego na formulación de políticas públicas.
Os seus principais obxectivos son:
a) Apoiar o desenvolvemento de políticas, en relación coa cohesión territorial e o desenvolvemento harmónico do territorio
b) Proporcionar información e análisis comparativos sobre a estructura e dinámica territoriais.
c) Revelar o potencial territorial das rexións.

Obxectivo específico da convocatoria

1) Agregar valor á investigación nacional, adoptando unha perspectiva transnacional europea e mellorando a comprensión da diversidade do territorio europeo e do desenvolvemento territorial, incluíndo a dimensión da prospectiva e do desenvolvemento sustentable, indo máis alá das unidades estadísticas xeralmente utilizadas. Han de incluir un análisis de tendencias territoriais en todos os países candidatos en nos países veciños e nos estados membros, para trazar as conclusións para o desenvolvemento territorial da UE.
2) Especificar as implicacións das orientacións políticas da ESPD en espacios transnacionais-nacionais, a interpretación dalgunha delas e as súas implicacións coa ampliación da UE.
3)Desenvolver orientacións para os instrumentos e institucións necesarias para unha mellor percepción da aplicación das opcións políticas da ESPD a través dos actores políticos en todos os níveis, dende a UE ata o ámbito local, incluindo tamén un mellor uso coordinado dos principios da ESPD
4) Contribuir a unha mellor comprensión da importancia da dimensión territorial dos Fondos Estructurais, da politica de cohesión e do resto de politicas da Comunidade e dos sectores politicos nacionais.
5) Facer contribucións e propostas concretas para mellorar a coordinación das decisións territoriais relevantes, tomadas a diferentes níveis (UE, países, rexións, sectores locais) e por diferentes sectores da política.
6) Server de ponte entre os axentes politicos, os administradores e os científicos
7) Crear unha rede de científicos da Comunidade Europea no terreo fragmentado do desenvolvemento territorial.

Eidos de actuación

A convocatoria inclúe proxectos divididos en 3 prioridades:
1) Proxectos de investigación aplicada ( PRIORIDADE 1 ).
Trátase de proxectos con alta demanda no eido políticas públicas, enfocados ao desenvolvemento de novas oportunidades para rexións e cidades. Poden versar sobre algunha das seguintes áreas temáticas:
a) Rexións europeas: posible contribución á Estratexia EU 2020
b) Escenarios e visións territoriais para Europa
c) Potenciais territoriais para unha economía máis ecolóxica
d) Gobernanza territorial: boas prácticas para novas perspectivas
2) Manifestacións de interés para análisis específicos ( PRIORIDADE 2 ):
Financiaranse estudos, análisis, novos coñecementos que sirvan de apoio a accións ou ben accións conxuntas relacionadas cos Programas dos Fondos Estructurais que aporten unha perspectiva nova de Europa ás actividades e ao desenvolvemento de oportunidades. Poden ser de tres temáticas diferentes:
a) Mellora da comprensión do contexto territorial
b) Comparacións con outros territorios, rexións e cidades.
c) Provisión dunha perspectiva europea no desenvolvemento dos seus territorios.
3) Supervisión territorial da UE e sistema de informes, en apoio da plataforma científica ( PRIORIDADE 3 )

Destinatarios

Depende dos tipos de actuacións subvencionables:
1) Actuacións de ”PRIORIDADE 1”: Entidades públicas e privadas.
2) Actuacións de ”PRIORIDADE 2”: Administracións Públicas
3) Actuacións de ”PRIORIDADE 3”: Entidades públicas e privadas

Socios

Dentro dos proxectos ”Prioridade 2”, nas actuacións a) e b) anteriormente referidas, son socios
-Grupo de, al menos, tres rexións ou cidades
-Administracións Públicas nacionais. Neste caso, non se esixe un número mínimo de socios.
Dentro da ”PRIORIDADE 2”, na actuación c), os socios son:
-Autoridades responsables da implementación dos programas dos Fondos Estructurais 2007-2013. Tampouco se esixe un número mínimo de socios.

Financiamento

Varía segundo os tipos de proxectos financiados:
1) Proxectos de investigación aplicada ( PRIORIDADE 1 ), 3.100.000 €:
a) ProxectosEstratexias Europa 2020: 400.000 €
b) Escenarios e visións territoriais para Europa: 1.200.000 €
c) Economía Ecolóxica: 750.000 €
d) Gobernanza territorial: 750.000 €
2) Manifestacións de interés para análisis específicos ( PRIORIDADE 2), 1.795.000 €
3) Supervisión territorial da UE e sistema de informes, en apoio da plataforma científica ( PRIORIDADE 3 ), 598.000 €
Para os proxectos englobados nas PRIORIDADES 1 e 3, o financiamento será do 100 % do custo de implementación.

Orzamento total da convocatoria

5.493.000 €

Data de publicación

01/02/2011

Data límite de solicitude

21/03/2011

Documentación

Contacto

Para cuestións relacionadas co contido da convocatoria, content@espon.eu
Para cuestións administrativas de solicitudes de admisión,
procedures@espon.eu

Comentarios

ESPON 2011 ten formado un grupo no portal web de Linkedin. Máis información no Diario Oficial da Unión Europea OJ, C 323 of 30/11/2010.

Celebración dun Info Day e Partner Café o 10 de febreiro de 2011 en Bruxelas.

-Conferencia ESPON: Análisis específicos para interesados: Evidencias territoriais na práctica
Data: 11 de maio de 2011
Lugar: Bruselas ( vid enlace )

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante