Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria ESPON setembro 2010

Programa

ESPON

Obxectivo xeral

O propósito do Programa ESPON 2013 é apoiar o “reforzo da política rexional con estudos, datos e observación directa sobre o desenvolvemento das tendencias xerais”, considerado unha necesidade para avaliar o desenvolvemento e execución dos Fondos Estruturais 2007-2013.

A súa misión é apoiar o desenvolvemento político en relación co obxectivo da cohesión territorial e o desenvolvemento harmonizado do territorio europeo por medio da achega de información comparable, análises obxectivas e escenarios sobre as dinámicas territoriais, así como, revelando o capital territorial e a potencialidade para o desenvolvemento de rexións e territorios máis amplos contribuíndo á competitividade de Europa, á cooperación territorial e ao desenvolvemento sostible e equilibrado.

Eidos de actuación

A convocatoria de setembro de 2010 (segunda do ano 2010) inclúe varias convocatorias dentro das prioridades 2 e 3 do Programa ESPON. Estas son:

1. Prioridade 2 (Análises focais na demanda de usuarios) Dous temas, 650.000 euros.

Tema 1 : ADES (Aeroportos como vectores de éxito económico nas rexións periféricas): Búscase analizar o papel dos aeroportos rexionais na mellora da accesibilidade e o desenvolvemento económico nas rexións europeas periféricas, non só centrándose na mera existencia dos aeroportos, mais definindo as características das infraestruturas existentes, considerando as conexións aéreas regulares, así como as súas potenciais oportunidades para o uso comercial e de mercadorías.

O obxectivo último do proxecto é desenvolver un coñecemento común das oportunidades e perspectivas dos aeroportos no desenvolvemento económico das rexións periféricas e o seu papel no desenvolvemento territorial e a cohesión. Os socios detrás deste proxecto consideran que a mellora nas condicións do marco das rexións periféricas ou remotas, e en particular a súa accesibilidade, é un dos medios para promover o crecemento sustentable no longo prazo e facilitar os procesos de axuste estrutural.

A nivel práctico o estudo terá dúas dimensións, unha territorial, referíndose aos retos territoriais europeos e rexionais e as oportunidades das rexións periféricas en Europa, centrándose na relación entre a accesibilidade e o desenvolvemento económico; e unha dimensión política, que permita aos actores involucrados no estudo definir opcións políticas para incrementar a competitividade destas rexións.

O orzamento máximo por proxecto será de 300.000 euros.

Tema 2: AMCER (Seguimento e coordinación avanzada das políticas de I+D ao nivel rexional): Os obxectivos perseguidos con este proxecto son os seguintes:

- Elaborar unha síntese dos principais retos en I+D a nivel rexional, para as rexións involucradas no proxecto;

- Facer unha lista dos investimentos europeos en I+D no nivel rexional nas rexións involucradas no proxecto;

- Desenvolver unha metodoloxía común para o crear unha base de datos rexionais sobre os resultados dos 6º e 7º Programas Marco e o CIP (Programa Marco de Competitividade e Innovación) a nivel rexional;

- Realizar unha análise do impacto das políticas europeas de I+D no desenvolvemento da I+D e a cohesión territorial nas rexións participantes no proxecto;

- Realizar unha comparación inter-rexional dos resultados obtidos para cada unha das rexións colaboradoras a nivel horizontal (todos os sectores do I+D xuntos) e ao nivel de sectores de I+D que se poden definir;

O orzamento máximo por proxecto é de 350.000 euros

2. Prioridade 3 (Plataforma Científica e Ferramentas), 1.300.000 euros.

O proxecto está destinado á elaboración da segunda fase da Base de datos do Proxecto ESPON. Só unha única proposta pode ser seleccionada.

Este proxecto debe construírse sobre os resultados do Proxecto de base de datos do ESPON (fase I) e manter, mellorar e xestionar un sistema de información de referencia xeográfica dentro do Programa ESPON 2013. Esta base de datos ha de ser accesible a investigadores, políticos e funcionarios de todos os niveis administrativos igual que o público en xeral a través da páxina web do ESPON.

O proxecto de Base de datos ESPON (fase II) é un elemento central da tríada de accións do ESPON dentro da prioridade da plataforma científica. Neste contexto continuará traballando na integración de datos dos proxectos do ESPON 2013 baixo a prioridade 1 e 2, pero ao mesmo tempo establecer un nexo próximo cos proxectos das prioridades 3 para crear unha rede de apoio común entre prioridades.

Esta fase do proxecto debe especialmente centrarse no subministro de resultados operacionais e resultados durante o período de duración do proxecto, baseado en actividades de investigación e conclusións do proxecto de Base de datos do ESPON (fase I). Este proxecto debe desenvolverse en estreita colaboración co actual proxecto sobre “Indicadores Territoriais e Índices” (INTERCO) proporcionando as importacións necesarias e integrando os seus resultados. É moi importante asegurar a integración e o mantemento dos indicadores e índices desenvolvidos polo Proxecto INTERCO na Base de datos do ESPON 2013, e ademais, para apoiar o desenvolvemento dun futuro proxecto ESPON sobre “Seguimento Territorial” proporcionando unha base de datos actualizada, adecuada e de confianza.

Destinatarios

Están invitados a participar nos proxectos ESPON científicos, expertos, representantes de universidades, institutos de investigación e empresas dos 31 países europeos socios no programa.
Nos proxectos pertencentes tanto á prioridade 2 como á 3 os beneficiarios potenciais desta convocatoria poden ser organismos tanto de carácter público como privado.

Socios

Todos os proxectos do Programa ESPON desenvólvese por grupos de socios. No caso dos tema sda prioridade 2 desta convocatoria existen xa socios agregados:

- ADES: Provincia de Savona (Italia-socio líder), a rexión de Grecia Occidental e a cidade de Jyväskylä (Finlandia).

- AMCER: Toscana (Italia-socio líder), Generalitat de Cataluña (España), Junta de Andalucía (España), Rexión de Provenza-Alpes-Costa Azul (Francia), Bretaña (Francia), Ostrobohnia (Finlandia), Ministerio de Ciencia e Cultura de Baixa Saxonia (Alemaña), Departamento de Economía, Ciencia e Innovación flamenco (Bélxica) e Axencia de Desenvolvemento de Inglaterra Leste (Reino Unido).

Financiamento

Prioridade 2: 650.000 euros. Cofinanciarase ata un 80% dos proxectos, cun máximo de 300.000 euros por proxecto.

Prioridade 3: 1.300.000 euros. Cofinanciarase ata un 85% do proxecto.

Orzamento total da convocatoria

1.950.000 euros

Duración do proxecto

Todos os proxectos terán unha duración máxima de 18 meses, de febreiro 2011 a agosto 2012.

Data de publicación

24/08/2010

Data límite de solicitude

19/10/2010

Documentación

Contacto

Caroline Clause
Teléfono: +35 2 545 58 07 00
Email: info@espon.lu

ESPON: Unidade de coordinación: CRT HT- PO Box 114
L-4221 Esch-sur-Alzette

Contacto en España:
Isidro López
Observatorio de la Sostenibilidad en España (OSE)
Plaza de San Diego s/n
28801 Alcalá de Henares (Madrid)
Teléfono: +34 91 885 41 02
Fax: +34 91 885 44 94

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante