Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria ESPON maio 2010

Programa

ESPON

Obxectivo xeral

O propósito do Programa ESPON 2013 é apoiar o “reforzo da política rexional con estudos, datos e observación sobre o desenvolvemento das tendencias xerais”, considerado unha necesidade para avaliar o desenvolvemento e execución dos Fondos Estruturais 2007-2013.

A súa misión é apoiar o desenvolvemento político en relación co obxectivo da cohesión territorial e o desenvolvemento harmonizado do territorio europeo por medio da achega de información comparable, análises obxectivas e escenarios sobre as dinámicas territoriais, así como, revelando o capital territorial e a potencialidade para o desenvolvemento de rexións e territorios máis amplos contribuíndo á competitividade de Europa, á cooperación territorial e ao desenvolvemento sostible e equilibrado.

Eidos de actuación

A primeira convocatoria do programa ESPON do ano 2010 inclúe as súas convocatorias para as prioridades 1, 2 e 4.

1. Prioridade 1: Dous temas, 1.800.000 euros.

Os proxectos incluídos nesta prioridade, están tematicamente definidos pola demanda dos responsables políticos. Os proxectos deben apoiar o desenvolvemento político mediante a creación de información e evidencia sobre dinámicas territoriais, potencialidades e retos a nivel europeo centrándose no desenvolvemento de oportunidades para as rexións e as cidades.

Tema 1: Os mares europeos no desenvolvemento territorial (European Seas in territorial development): Este proxecto persegue desenvolver indicadores e as funcións do mar, as actividades no mar e a súa relación co desenvolvemento na costa. Ademais, pretenden desenvolver unha tipoloxía para diferentes patróns de “uso do mar”, así como identificar posibles melloras das conexións marítimas e costeiras para o tratamento da auga. Para rematar, defínese a elaboración dunha estrutura de goberno para unha Política Marítima Integrada.

O orzamento máximo que se poderá conseguir por proxecto é de 800.000 euros.

Tema 2: Indicadores e perspectivas para servizos de interese xeral en cohesión territorial e desenvolvemento: neste proxecto avaliaranse as estratexias territoriais ao enfocalas aos servizos de interese xeral. Igualmente, búscase elaborar un conxunto de indicadores relevantes sobre o tema, así como mapas coa distribución territorial dos servizos de interese xeral. Por outra banda, investigar o rol e a contribución dos servizos de interese xeral no desenvolvemento territorial, a competitividade e a cohesión.

O orzamento asignado a este proxecto é de 1.000.000 euros. Polo momento, esta convocatoria non recibiu ningunha solicitude.

2. Prioridade 2: Oito temas, 2.800.000 euros.

Estes proxectos caracterízanse por ofrecer unha cobertura xeográfica limitada, en comparación cos proxectos englobados na prioridade 1. O orzamento máximo estimado debe cubrir todos os gastos para completar o estudo e tamén as viaxes e asistencias a reunións e seminarios. Todos estes proxectos contan cun orzamento máximo de 350.000 euros e unha duración máxima de 18 meses (Outubro 2010- Abril 2012).

- EATIA (ESPON e TIA- Territorial Impact Assessment): os obxectivos deste proxecto son, por unha banda, indicar as posibilidades para a execución de avaliacións do impacto territorial (TIA) a nivel nacional e rexional nos Estados membros, e por outra, a creación dun coñecemento sobre TIA transferible a nivel rexional e local na planificación espacial nacional e contextos no desenvolvemento da política territorial de Portugal, Eslovenia e Reino Unido.

- POLYCE (Metropolisation and Polycentric Development in Central Europe: Evidence Based Strategic Options): desenvolvemento dunha mellor comprensión do papel e a posición territorial que teñen as capitais e que poden ter no futuro no contexto macro-rexional, europea e global. Socios: Praga, Ljubliana e Hungría.

- RISE (Identifying and exchanging Best Practice in Developing Rexional Integrated Strategies in Europe): identificar e intercambiar boas prácticas no desenvolvemento de estratexias rexionais integradas en Europa. Os obxectivos que se perseguen son, por unha banda, promover a comprensión europea das aproximacións integradas, apoiar a rexións aplicando esta nova aproximación, para analizar máis en profundidade os temas definidos como claves (integración, financiamento, seguimento e avaliación) e a creación dun toolkit.

- TPM (Territorial Performance Monitoring): o obxectivo deste programa é desenvolver unha ferramenta de seguimento territorial que indique como se está actuando en relación cos macro-retos (cambio climático, subministración de enerxía, desenvolvemento demográfico e globalización). Mediante a definición de indicadores que relacionen macro-retos con características espaciais ao nivel da rexión, e facilitando a comparación entre tipos similares de rexións, espérase que a ferramenta de seguimento poida ser integrada no ciclo político rexional. Isto permitirá unha avaliación da efectividade das estratexias territoriais guiando as transformacións espaciais necesarias para incrementar a actuación rexional á luz dos macro-retos.

- ULYSSES (Using Applied Results from ESPON as a Yaardstick for Cros-Border Spatial Planning and Development): busca aumentar a conciencia sobre a función básica e a utilidade práctica do desenvolvemento espacial descentralizado fronteirizo e promover o uso do ESPON para a elaboración dos conceptos de alta calidade no espazo fronteirizo, promover o intercambio de experiencia e boas prácticas. Elaborar análises territoriais fronteirizos multi temáticos.

- SMART-IST (Smart Institutions for Territorial Developments): traballará na identificación de prerrequisitos esencial para o desenvolvemento efectivo das estratexias e políticas, así como a avaliación de impacto das normas da política de cohesión e os métodos sobre actuación institucional. Tamén se incluirá a avaliación das opcións políticas para aumentar a capacidade para unha execución eficiente dos fondos estruturais e o desenvolvemento dunha metodoloxía común transferible. Por outra banda, desenvolveranse indicadores sobre a eficiencia institucional e evidencias empíricas sobre a relación entre o sector público e a mellora rexional.

- METROPOLISES (Best Development conditions in European Metropolises: Paris, Berlin, Warsaw): as tres áreas metropolitanas asociáronse para compartir os seus problemas comúns para avaliar as prácticas de desenvolvemento de políticas nas áreas metropolitas de Varsovia, Berlín e Paris en relación coas condicións de vida, a mobilidade e a gobernanza. Busca proporcionar coñecemento sobre como incorporar o conceptote desenvolvemento sostible nas estratexias económicas.

- SEMIGRA (Selective Migration and Unbalanced Sex Cociente in Rural Regions): a intención é dar a coñecer razóns e consecuencias das migracións selectivas e o desequilibrio nas cocientes de sexos nas rexións rurais e axudar aos actores rexionais e locais a seleccionar, desenvolver e executar estratexias para estabilizar o desenvolvemento demográfico e social de acordo co seu contexto territorial.

3. Prioridade 4: 1.300.000 euros.

Prevese financiar tres tipos de accións dentro desta prioridade en apoio da capitalización:

- Publicacións e presentación nos medios.

- Seminarios a nivel europeo e talleres.

- Actividades transnacionales de establecemento de contactos.

Os obxectivos para estes tres tipos de accións inclúen a capitalización mediante o aumento da conciencia sobre os descubrimentos dos estudos dentro do programa ESPON, en particular involucrando socios diferentes en diálogos internacionais dinámicos. Tamén, mellorando e consolidando a propiedade do a evidencia e o coñecemento do ESPON, e asegurando a transferabilidade dos resultados.

Estímase que serán seleccionados entre tres e cinco proxectos.

Destinatarios

Están invitados a participar nos proxectos ESPON científicos, expertos, representantes de universidades, institutos de investigación e empresas dos 31 países europeos socios no programa.

Socios

Para presentar os proxectos son necesarios socios doutros países participantes no programa.

Financiamento

Prioridade 1: 1.800.000 euros. Cofinanciarase ata un 90% dos custos elixibles do proxecto. Para o Tema 1 a suma máxima por proxecto será de 800.000 euros, e 1 millón de euros para o Tema 2.

Prioridade 2: 2.800.000 euros. Cofinanciarase ata un 80% dos proxectos, cun máximo de 350.000 euros por proxecto.

Prioridade 4: 1.300.000 euros. Cofinanciarase ata un 79% dos proxectos.

Orzamento total da convocatoria

5.900.000 euros.

Duración do proxecto

18 meses

Data de publicación

03/05/2010

Data límite de solicitude

28/06/2010

Documentación

Contacto

Caroline Clause
Teléfono: +352545580700
Email: info@espon.lu

ESPON: Unidade de coordinación: CRT HT- PO Box 114
L-4221 Esch-sur-Alzette

Para dúbidas sobre os distintos proxectos e o proceso de solicitude poñerse en contacto nas seguintes direccións de correo:
content@espon.eu
application@espon.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante