Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Premios RegioStars 2012

Programa

PREMIOS REGIOSTARS

Obxectivo xeral


O obxectivo do premio RegioStars é identificar boas prácticas no desenvolvemento rexional e destacar proxectos orixinais e innovadores que poidan ser atractivos e inspiradores para outras rexións.
Trátase de fomentar o intercambio de experiencias e mostrar explicitamente os resultados da aposta pola Cohesión.

Eidos de actuación


Son cinco categorías:

1) CRECEMENTO INTELIXENTE:
Proxectos innovadores ou sistemas de apoio á innovación nos servizos, nas súas diferentes formas.

2) CRECEMENTO SUSTENTABLE:
Inversións nos servizos do ecosistema e infraestructura verde conducente a un desenvolvemento rexional sustentable.

3) CRECEMENTO INCLUSIVO:
Estratexias, iniciativas ou proxectos que aborden o desafío do cambio demográfico e apoien o envellecemento. (2012 é o ”Ano Europeo do Envellecemento Activo e a Solidaridade Interxeracional”)

4) CATEGORÍA CITYSTAR:
EstrateXias integradas para O desenvolvemento de zonas urbanas desfavorecidas.

5) CATEGORÍA DE INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN:
Informar ao público en Internet sobre os proxectos que se benefician da política rexional da UE.

Destinatarios


Hai 271 NUTS-2 en Europa. Poden enviar un máximo dun proxecto por categoría ou ben cada un dos Estados membros ou ben a autoridade máis relevante na xestión de fondos estructurais, cuxo programa cubra as rexións relevantes NUTS-2.
Tamén a autoridade xestora de Interreg, Urban ou do Programa para a Cooperación Territorial Europea poden enviar un máximo dun proyecto por categoría ( en nome dos programas que están xestionando).

Duración do proxecto


Un ano

Data límite de solicitude

15/07/2011

Documentación

Contacto


E-mail: REGIO-STARS@ec.europa.eu.

Comentarios


Criterios de Adxudicación
1) Criterios para as categorías 1-4

-Carácter innovador do proxecto
-Impacto ( ou impacto esperado ) do proxecto, en termos dos obxectivos iniciais.
-Sustentabilidade esperada do proxecto
-Resultados do proxecto na mellora dos consorcios locais, rexionais e interrexionais

2) Criterios para a categoría 5;

-Uso efectivo da combinación de diferentes ferramentas de Internet (fotos, videos, mapas GIS, etc…) para divulgar a información sobre os proxectos financiados pola UE.
-Facilidade de uso da lista de beneficiarios (incluindo o formato de datos, funcións de búsqueda, frecuencia de actualizacións, nivel de detalle do proxecto, etc...).

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante