Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Premios RegioStars 2011

Programa

PREMIOS REGIOSTARS

Obxectivo xeral

O obxectivo do premio RegioStars é identificar boas prácticas no desenvolvemento rexional e destacar proxectos orixinais e innovadores que poidan ser atractivos e inspiradores para outras rexións. Trátase de fomentar o intercambio de experiencias e mostrar explicitamente os resultados da aposta pola Cohesión.

Eidos de actuación

As categorías que se premiarán este ano son 5, agrupadas en tres temas distintos:

- Competitividade económica:

1. Iniciativas de redes e clusters apoiando o crecemento rexional e o acceso das PEMES aos mercados globais.

2. Anticipación do cambio económico: buscan premiar aquelas iniciativas que se elaboraron no marco da crise pero non como solucións de emerxencia a curto prazo, senón que tiveron unha proxección a medio e longo prazo. Isto non quere dicir que se exclúan as medidas de emerxencia, pero sempre e cando teñen esta compoñente de visión de futuro.


- Economía de baixo carbono:

3. Promoción da enerxía sustentable nas cidades (CityStar).

4. Proxectos de transporte urbano limpo e integrado (CityStar).

- Información e comunicación:

5. Foto promocional dun proxecto co-financiado: esta é unha nova categoría que se inclúe porque favorece a participación de máis rexións, xa que non implica tantos requisitos técnicos como as anteriores. O seu obxectivo é basicamente promocional, que permita formar unha idea inmediata sobre o impacto dos fondos comunitarios ao ver a imaxe.

Para as categorías temáticas 1-4 teranse en conta sobre todo os seguintes criterios á hora de avaliar os proxectos:

- O carácter innovador do proxecto.

- O impacto ou o impacto esperado do proxecto en termos dos obxectivos iniciais.

- A sustentabilidade prevista do proxecto.

- Os resultados do proxecto en termos de promoción do partenariado local, rexional e interrexional.

Para a categoría 5 prestaráselle máis atención a:

- A calidade e o impacto visual da foto.

- A contribución da foto á visibilidade da política rexional europea.

- Que a descrición do proxecto sexa completa, correcta e informativa.

Destinatarios

Autoridades rexionais ou nacionais, incluídas nas 271 NUTS-2 existentes. Os municipios ou cidades que desexen presentar o seu proxecto cofinanciado deben xustificar o consentimento e apoio da autoridade xestora dos fondos correspondente.

Socios

Non se necesitan socios.

Financiamento

Estes premios non dispoñen de orzamento. O premio é simbólico, en termos de liderado rexional e publicidade.

Duración do proxecto

Convocatoria anual.

Data de publicación

08/06/2010

Data límite de solicitude

16/07/2010

Documentación

Contacto

As solicitudes deben ser enviadas polas autoridades xestoras dos proxectos (nacionais ou rexionais) en nome do líder do proxecto á seguinte dirección de correo electrónico:
REGIO-STARS@ec.europa.eu.

Comentarios

Desde a DG REGIO anímase a que as rexións participen, xa que o simple feito de ser finalistas xa supón gañar en termos de publicidade.

As solicitudes teñen que facerse en inglés.

É un concurso independente, o cal significa que o mesmo proxecto se pode presentar a outras convocatorias diferentes, e que o mesmo tempo os seus resultados noutras convocatorias non influirán neste premio.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante