Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Integración da poboación romaní. Proxecto piloto: «Coordinación paneuropea de métodos de integración da poboación romaní».

Programa

COORDINACIÓN PANEUROPEA DE MÉTODOS DE INTEGRACIÓN DA POBOACIÓN ROMANÍ

Obxectivo xeral

O obxectivo do presente convocatoria é mellorar o proxecto piloto do Parlamento Europeo para a integración da poboación Romaní mediante unha convocatoria de propostas.

Obxectivo específico da convocatoria

O proxecto piloto apoiará os enfoques innovadores e integrados para tratar os problemas multidimensionais sobre as comunidades romaníes. Explorará formas de mellorar a integración da poboación Romaní mediante actividades educativas, sociais e económicas, cooperación transfronteiriza e intercambio de boas prácticas baseadas en experiencias pasadas.

Eidos de actuación

Esta convocatoria de propostas inclúe tres temas independentes:

1) Atención e Educación da Primeira Infancia.
2) Autoemprego e microcréditos.
3) Información e sensibilización.

Os solicitantes poderán presentar as súas propostas relacionadas cos obxectivos unicamente dun dos tres ámbitos de intervención.

Destinatarios

Os solicitantes deberán estar establecidos nun dos vinte e sete Estados membros da Unión Europea e ser organizacións sen ánimo de lucro (tantas organizacións non gobernamentais (ONG) como redes ou organismos públicos)

Financiamento

- Atención e Educación da Primeira Infancia
O orzamento destinarase a un só proxecto. A contribución da UE (máis de dous millóns de euros) non pode representar máis do 95% dos custos admisibles.

- Autoemprego e microcréditos
Destinarase o orzamento a un só proxecto. A contribución da UE (máis dun millón e medio de euros) non pode representar máis do 90% dos custos admisibles

- Información e sensibilización
Destinarase o orzamento a un só proxecto. A contribución da UE (máis dun millón de euros) non pode representar máis do 90% dos custos admisibles.

Orzamento total da convocatoria

5 millóns de euros

Duración do proxecto

- Atención e Educación da Primeira Infancia e autoemprego e microcréditos
A duración do proxecto non poderá ser menor de 12 meses nin poderá superar os 24 meses.

- Información e sensibilización
A duración do proxecto non poderá ser menor de 12 meses nin poderá superar os 18 meses.

Data límite de solicitude

25/09/2009

Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante