Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Segunda convocatoria para a presentación de proxectos do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal

Programa

COOPERACIÓN TERRITORIAL TRANSFRONTEIRIZA: ESPAÑA - PORTUGAL

Obxectivo xeral

Promover a participación no Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal, establecendo as condicións e as bases para a obtención de axudas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) en réxime de concorrencia competitiva. As actuacións previstas na presente convocatoria estarán sometidas ás disposicións da normativa comunitaria relativa aos Fondos Estruturais e do Programa Operativo aprobado pola Comisión Europea.

Eidos de actuación

O Programa está aberto a financiar proxectos cuxo gasto teña o carácter de ”gasto público”, así como gastos de similar natureza, e deberán cumprir os seguintes requisitos:

• Que teñan, polo menos, dous socios, un de cada Estado.
• Carácter transfronteirizo.
• Encadre nos obxectivos e medidas do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal.
• Compatibilidade coas políticas nacionais e comunitarias, en especial en materia de competencia, medioambiente e igualdade de oportunidades.
• Contribuír obxectivamente ao desenvolvemento das rexións e en particular das zonas elixibles definidas no Programa España-Portugal.
• Demostrar capacidade para a mobilización das contrapartidas nacionais mediante a achega dos correspondentes certificados acreditativos.

As axudas contidas na presente convocatoria serán de aplicación nas zonas fronteirizas elixibles sinaladas no Programa:

• Provincias españolas de Badajoz, Cáceres, Huelva, Ourense, Pontevedra, Salamanca e Zamora
• Provincias portuguesas NUTS III de Minho-Lima, Cávado, Alto Tras-os-Montes, Douro, Beira Interior Norte, Beira Interior Sul, Alto Alentejo, Alentejo Central, Baixo Alentejo e Algarve.

Destinatarios

Poderán participar:

• Servizos da Administración Xeral do Estado.
• Servizos descentralizados da Administración Xeral do Estado.
• Entes públicos empresariais.
• Sociedades estatais.
• Empresas de capital mixto e concesionarias do Estado.
• Comunidades Autónomas.
• Comisións de Coordinación e Desenvolvemento Rexional (AECT).
• Empresas públicas rexionais.
• Deputacións provinciais.
• Concellos e autarquías locais.
• Entidades supramunicipais.
• Asociacións de municipios.
• Empresas públicas municipais e supramunicipais.
• Asociacións socioeconómicas e socioprofesionais.
• Asociacións e axencias de desenvolvemento local e rexional.
• Fundacións públicas, privadas e mixtas.
• Institucións universitarias e de ensinanza superior.
• Outras entidades con fins públicos ou de interese social.
• Outros axentes públicos que se adecúen aos obxectivos do Programa.
• Outros organismos previstos no Tratado de Valencia subscrito entre España e Portugal.




Socios

Polo menos dous, un de cada un dos Estados.

Financiamento

A participación do FEDER non poderá exceder do 75% dos custos elixibles dos proxectos.

De acordo co establecido no punto 10.6.2 do Programa Operativo o custo total mínimo dos proxectos será de 100.000 euros.

Non serán subvencionables as contribucións en especie.

Orzamento total da convocatoria

A axuda FEDER asignada a esta convocatoria ascende a unha cantidade máxima de 125.552.643 euros.

As cantidades máximas asignadas a cada eixo prioritario son:

• Fomento da competitividade e a promoción do emprego: 42.405.880 euros.
• Medio ambiente, patrimonio e prevención de riscos: 40.348.785 euros.
• Ordenación do territorio e accesibilidades: 29.591.835 euros.
• Integración socioeconómica e institucional: 13.206.143 euros.

Duración do proxecto

O prazo máximo de execución dos proxectos será o 31 de decembro de 2012.

Os proxectos de carácter “estruturante” (relativos ás prioridades estratéxicas integradas recollidas no capítulo 4 do Programa Operativo) de infrastruturas públicas ou asimilables, terán o seu prazo límite máximo o 31 de decembro de 2013.

Data límite de solicitude

31/05/2010

Documentación

Contacto

SECRETARIADO TÉCNICO CONJUNTO
C/ Luis Álvarez Lencero, 3 Planta 3a, Oficina 13
06011 BADAJOZ (España)
Telf : 00 34 924 205 958
Fax: 00 34 924 222 816
Email: stc@poctep.eu
Web: www.poctep.eu

Comentarios

O prazo para a presentación das solicitudes desta convocatoria será o comprendido entre o 1 de marzo de 2010 e o 31 de maio de 2010.

As Agrupacións Europeas de Cooperación Territorial (AECT) que se atopen en proceso de constitución poderán presentar as súas solicitudes ata o 30 de setembro de 2010.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante