Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Primeira convocatoria para a presentación de proxectos do Programa de Cooperación Transfronteiriza España - Portugal 2007-2013

Programa

COOPERACIÓN TERRITORIAL TRANSFRONTEIRIZA: ESPAÑA - PORTUGAL

Obxectivo xeral

Promover a participación no Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal, establecendo as condicións e as bases para a obtención de axudas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) en réxime de concorrencia competitiva. As actuacións previstas na presente convocatoria estarán sometidas ás disposicións da normativa comunitaria relativa aos Fondos Estruturais e do Programa Operativo aprobado pola Comisión Europea.

Eidos de actuación

O Programa está aberto a financiar proxectos cuxo gasto teña o carácter de ”gasto público”, así como gastos de similar natureza e deberán cumprir os seguintes requisitos:

  • Que teñan, polo menos, dous socios, un de cada Estado.
  • Carácter transfronteirizo.
  • Encuadre nos obxectivos e medidas do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal
  • Compatibilidade coas l políticas nacionais e comunitarias, en especial en materia de competencia, medioambiente e igualdade de oportunidades
  • Contribuir obxectivamente ao desenvolvemento das rexións e en particular das zonas elexibles definidas no Programa España-Portugal
  • Demostrar capacidade para a movilización das contrapartidas nacionais mediante a achega dos correspondentes certificados acreditativos

Destinatarios

As axudas contidas na presente convocatoria serán de aplicación nas zonas fronteirizas elegibles sinaladas no Programa:

  • Provincias esapañolas de Badajoz, Cáceres, Huelva, Ourense, Pontevedra, Salamanca e Zamora
  • Provincias portuguesas NUTS III de Minho-Lima, Cávado, Alto Tras-os-Montes,, Douro, Beira Interior Norte, Beira Interior Sul, Alto Alentejo, Alentejo Central, Baixo Alentejo e Algarve.

Financiamento

A participación do FEDER non poderá exceder do 75% dos custos elixibles dos proxectos

Orzamento total da convocatoria

151.306.169 euros

Duración do proxecto

Ata o 31 de decembro de 2010

Data límite de solicitude

15/04/2008

Documentación

Contacto

SECRETARIADO TÉCNICO CONJUNTO
C/ Luis Álvarez Lencero, 3 Planta 3a, Oficina 13
06011 BADAJOZ (España)
Telf : 00 34 924 205 958
Fax: 00 34 924 222 816
Email: stc@poctep.eu
Web: www.poctep.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante