Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Primeira convocatoria de proxecto do Espazo Atlántico de cooperación transnacional 2007-2013

Programa

COOPERACIÓN TERRITORIAL TRASNACIONAL: ESPAZO ATLÁNTICO

Obxectivo xeral

Acadar progresos significativos e tanxibles na cooperación transnacional, enfocados cara a un desenvolvemento territorial de cohesión, sostible e equilibrado do Espazo Atlántico e da súa herdanza marítima.

Obxectivo específico da convocatoria

Implementar e mellorar catro campos temáticos no ámbito da cooperación transnacional:

  • innovación, incluída a economía do coñecemento
  • medio ambiente, con referencia ao legado marítimo
  • accesibilidade
  • desenvolvemento urbano sostible e intensificación de intercambios interrexionais

Eidos de actuación

A primeira convocatoria de candidaturas abrangue as seguintes prioridades:

  • Promover redes de cooperación empresarial e de innovación transnacionais co obxectivo de:
    • Desenvolver procesos de transferencia de coñecementos entre empresas e centros de investigación
    • Mellorar a competitividade e a capacidade de innovación en nichos de excelencia da economía marítima
    • Estimular a conversión e a diversificación económica
    • Promover o potencial endóxeno de ámbito rexional
  • Protexer e mellorar a seguridade e sustentabilidade do medio ambiente marítimo e costeiro,
    • Mellorar as condicións de seguridade marítima,a xestión sostible e protección dos recursos do espazo marítimo
    • Aproveitar o potencial da enerxía renovable do medio ambiente mariño e costeiro
    • Protexer e promover espazos naturais, zonas costeiras e recursos hídricos
  • Mellorar a accesibilidade e as conexións internas
    • promover a interoperabilidade e a continuidade das redes de transporte existentes, a intermodalidade marítima,de estrada,ferroviaria e aérea
    • promocionar a navegación de curta distancia e a cooperación entre portos
  • Promover sinerxías transnacionais de desenvolvemento urbano e rexional sostible
    • Incrementar os recursos e capacidades no ámbito do desenvolvemento urbano e rural sostible
    • Aumentar a influencia e atracción das cidades e as rexións a través do establecemento de redes
    • Conservar e promover o patrimonio cultural atlántico de interese transnacional
    • Promover sinerxias transnacionais de desenvolvemento urbano e rexional sostible
  • Asistencia Técnica

Destinatarios

  • Autoridades nacionais, rexionais e locais, incluíndo departamentos e outros organismos públicos equivalentes.
  • Universidades, organismos de investigación e desenvolvemento
  • Organismos sen ánimo de lucro


Para conformar un consorcio, os socios deben pertencer as seguintes áreas elexibles:
  • España: Galicia, Principado Asturias, Cantabria, País Vasco,Comunidade Foral de Navarra, Cádiz, Huelva y Sevilla
  • Francia:Haute-Normandie, Basse-Normandie, Rexión del Loira,Bretaña, Poitou-Charantes, Aquitania
  • Irlanda:Todo o país (fronteira, Midland e occidental, meridional e o este)
  • Portugal : Norte,Centro, Lisboa, Alentejo, Algarve
  • Reino Unido: illas de Scilly, Devon, País de Gales de oeste e os vals, País de Gales del este, Escocia ao sudoeste, Montañas e illas, Irlanda del Norte.

Financiamento

O índice de cofinanciación FEDER no excederá do 65% para cada eixo prioritario dos costes elexibles do proxecto, salvo o 75% para el o eixo prioritario de ”Asistencia técnica”.

Orzamento total da convocatoria

26.446. 214 millóns de euros. O reparto do FEDER por prioridades establécese da seguinte maneira:

  • 7.395.686 Promover redes de cooperación empresarial y de innovación transnacionais
  • 10.194.949 Protexer e mellorar a seguridade e sostenibilidade do medio ambiente marítimo e costeiro
  • 4 .984. 244 Mellorar a accesibilidade e as conexións internas
  • 3. 871.335 Promover sinerxias transnacionais de desenvolvemento urbano e rexional sostible

Duración do proxecto

Entre o 1 de xaneiro de 2007 e o 31 de decembro de 2013

Data límite de solicitude

27/06/2008

Documentación

Contacto

Autoridad de gestión
Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte (CCDR-N) – Porto, Portugal
Contacto:Paulo Gomes,Teresa Lameira ymArmindo Carvalho

Rua Rainha D. Estefânia, 251P-4150-034 Porto
Teléfono (351-2) 26 08 63 00; Fax (351-2) 26 06 14 89
E-mail: coop-atlantico@ccdr-n.pt / comunicacao@ccdr-n.pt
Sitio web: www.ccdr-n.pt

Correspondencias en España

Dirección General de Fondos Comunitarios.
Ministerio de Economía y Hacienda
Paseo de la Castellana 162
28046 Madrid

Contacto: Cecilio Oviedo Pérez de Tudela
Tel: +34 91 5835437
Fax: +34 91 5837317
E-mail: coviedo@sgpg.meh.es
Contacto:Ana Burgos Belascoain
Tel: +34 91 5835339
Fax: +34 91 5837317
E-mail: aburgos@sgpg.meh.es

Consejería de Economía y Hacienda
D.G. Planificación Económica y Fondos Comunitarios
15704 SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña)Aureliano García
Director General de Planificación y Fondos Comunitarios
Telf. +34 981 54 51 32
Fax + 34 981 54 51 33
Email:agarciag@xuntaeco.org

Francisco Ramos
Tel: +34 98 154 41 02
Fax: + 34 981 54 51 33
E-mail: Paco.Ramos@xuntaeco.org

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante