Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

V Convocatoria de Proxectos Programa de Cooperación Territorial do Espazo Sudoeste Europeo (SUDOE) 2007-2013

Programa

COOPERACIÓN TERRITORIAL TRANSNACIONAL: ESPAZO SUROESTE EUROPEO (SUDOE)

Obxectivo xeral

O Programa Operativo do Obxectivo Cooperación Territorial do Espazo Sudoeste Europeo (SUDOE) 2007-2013, elaborado polos catro Estados implicados no Espazo SUDOE (España, Francia, Portugal e Reino Unido), ten como finalidade principal consolidar o SUDOE como un Espazo de cooperación territorial nos ámbitos da competitividade e a innovación, o medio, o desenvolvemento sostible e a ordenación do territorio, que contribúa a reforzar a cohesión económica e social no seo da Unión Europea.

Eidos de actuación

No marco da presente convocatoria de proxectos, só unha prioridade operativa do programa está aberta:

Prioridade 3: Integración harmoniosa do espazo SUDOE e mellora da accesibilidade ás redes de información.

Os tipos de proxectos esperados son os seguintes:

• Proxectos de capitalización (1):

Os proxectos de capitalización da prioridade 3 deberán inscribirse nunha das temáticas seguintes:

a) Novos servizos TIC destinados a públicos obxectivos precisos (exemplo: cidadáns SUDOE, micro empresas e pemes, servizos públicos, etc.). Os produtos/entregables obtidos deberán poder ser utilizados no conxunto do espazo SUDOE e o número de usuarios finais deberá ser representativo da poboación específica. A utilización do produto/entregable máis alá da data de execución do proxecto deberá garantirse e demostrarse.

b) Concepción de ferramentas comúns TIC para valorizar os resultados de varios proxectos anteriores nunha temática transversal ás 4 prioridades do programa operativo SUDOE.

• Seguimento de proxectos SUDOE da prioridade 3 aprobados en convocatorias anteriores de proxectos SUDOE 2007-2013 (2)

Os novos proxectos non son admisibles a título da prioridade 3 nesta convocatoria de proxectos.

Destinatarios

Os beneficiarios desta convocatoria de proxectos poden ser todos os organismos públicos ou aqueles equiparables a públicos así como as entidades privadas sen ánimo de lucro.
Considéranse organismos equiparables a públicos aqueles que cumpran cos criterios establecidos no artigo 1, parágrafo 9 da Directiva 2004/18 do Parlamento Europeo e do Consello do 31 de marzo de 2004, relativa á coordinación dos procedementos de adxudicación dos contratos públicos de obras, de subministración e de servizos.

Esta convocatoria de proxectos non está aberta ás empresas de carácter industrial ou mercantil. Non obstante, as entidades privadas que desexen implicarse no desenvolvemento dun proxecto poden participar achegando os seus propios fondos.

Aceptarase unha única candidatura por entidade (como primeiro beneficiario ou beneficiario) para esta convocatoria de proxectos.

Socios

Requírese a participación de beneficiarios de polo menos 2 Estados membros do SUDOE

Financiamento

Condicións presupostarias:

Os proxectos deberán presentar un presuposto mínimo de 300.000 euros de gasto total subvencionable.

Os proxectos deberán igualmente respectar o límite máximo de financiamento a título indicativo de 1.000.000 euros de gasto total subvencionable.

O presuposto de cada beneficiario dun proxecto deberá ser superior ou igual a 100.000 euros de gastos totais elixibles.

Orzamento total da convocatoria

O montante de Axuda FEDER dispoñible para esta convocatoria de proxectos ascende a 1.235.375,72 euros.

Esta cantidade poderá verse aumentada en función dos remanentes xerados antes da data da aprobación definitiva dos proxectos da quinta convocatoria.

En ningún caso a participación do FEDER poderá superar o 75% do custo total elixible do proxecto.

Duración do proxecto

A execución dos proxectos non poderá ser posterior ao 30 de xuño de 2015.

Data de publicación

10/04/2014

Data límite de solicitude

30/04/2014

Documentación

Contacto

Na páxina Web do Programa, pódense encontrar os sinais dos correspondentes nacionais dos catro Estados membros do SUDOE e do Secretariado Técnico Conxunto de Santander.

O Secretariado Técnico Conxunto está á súa disposición para proporcionarlles axuda técnica. Pódeselle contactar a través da páxina Web ou por correo electrónico stcsudoe@interreg-sudoe.eu

Comentarios

O formulario oficial de candidatura, debidamente cumprido debe ser enviado en todos os idiomas dos beneficiarios implicados no proxecto.

Para que as candidaturas sexan tidas en consideración será obrigatorio o dobre envío:

• Versión electrónica a través da aplicación informática á que se poderá acceder a través da páxina Web do Programa ou na seguinte dirección http://intranet.interreg-sudoe.eu/ como moito o 30 de abril de 2014 ás 12:00 horas.

• E versión papel, (no idioma do beneficiario principal unicamente) debe ser enviada por correo postal certificado como moito o 30 de abril de 2014, dando fe da data o cuño de correos, á seguinte dirección:

Secretariado Técnico Conxunto SUDOE
Praza Do Príncipe, n.º 4, 1ª planta
39003 SANTANDER
ESPAÑA

A versión electrónica é a versión que dá fe do envío. Unicamente, a primeira versión enviada ao STC será tida en conta.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante