Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Primeira convocatoria do Programa URBACT II 2007-2013.

Programa

URBACT II

Obxectivo xeral

Mellorar a eficacia das políticas de desenvolvemento urbano sostible en Europa co obxecto de executar a estratexia de Lisboa- Gotemburgo.

Obxectivo específico da convocatoria

  • Facilitar o intercambio de experiencias e aprendizaxe entre os responsables políticos das cidades e os profesionais no eido do desenvolvemento urbano sostible.
  • Diseminar amplamente as experiencias e os exemplos de boas prácticas recopiladas polas cidades.
  • Apoiar aos responsables políticos e aos profesionais das cidades e encargados de programas operacionais baixo os obxectivos de “Converxencia” e “Competitividade” para definir os plans de actuación no desenvolvemento sostible das zonas urbanas.

Eidos de actuación

O programa financiará cinco tipos de accións:

  • Redes temáticas.
  • Grupos de traballo.
  • Polos temáticos.
  • Expertos temáticos.
  • Estudos
Sendo os eixos prioritarios os seguintes:
  • Cidades, motores do crecemento e da creación de emprego.
    • Fomento do espírito emprendedor.
    • Aumento da innovación e da economía do coñecemento.
    • Emprego e capital humano.
  • Cidades, poder de atracción e de cohesión.
    • Desenvolvemento integrado das áreas necesitadas e das áreas con risco de estar necesitadas.
    • Inclusión.
    • Asuntos medioambientales.
    • Gobernanza e planeamento urbano.

Destinatarios

Administración pública a nivel local, rexional e nacional, centros de investigación e universidades dos Estados membros.

Financiamento

  • Socios de rexións Converxencia: ata un 80% do FEDER
  • Socios de rexións non-Converxencia: ata un 70% do FEDER
  • Socios de Noruega e Suiza: ata un 50% dos seus respectivos fondos nacionais

Orzamento total da convocatoria

  • Presuposto máximo das redes temáticas: 710.000 €.
  • Presuposto máximo dos grupos de traballo: 300.000 €.

Duración do proxecto

As Redes temáticas e os Grupos de Traballo terán unha duración máxima de 36 e 24 meses, respectivamente.

Data límite de solicitude

15/02/2008

Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante