Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Creación de redes piloto para a transferencia das boas prácticas no ámbito do desenvolvemento urbano sostible - URBACT II

Programa

URBACT II

Obxectivo xeral

A convocatoria céntrase na transferencia de prácticas relacionadas coa mellora do rendemento das cidades no ámbito do desenvolvemento urbano sostible e integrado. O programa prestará apoio á cooperación transnacional como unha plataforma para que as cidades podan intercambiar e aprender desde a perspectiva da transferencia de boas prácticas no eido do desenvolvemento urbano sostible e inclusivo.

Obxectivo específico da convocatoria

A convocatoria establece tres eixos de acción diferentes cos seus respectivos obxectivos, a saber:

CIDADES INNOVADORAS
1. Promover a innovación e a economía do coñecemento.
2. Promover a innovación social.
3. Fomento do emprego e favorecer a mobilidade laboral.
4. Fomentar o espírito empresarial.

CIDADES SOSTIBLES
5. O desenvolvemento baixo en carbono e de economías urbanas enerxéticamente eficientes.
6. Mellorar o rendemento de planificación urbana e duhna administración pública eficiente.

CIDADES INCLUSIVAS
7. Promover a inclusión activa dos grupos específicos.
8. Fomento da rexeneración de barrios desfavorecidos e a loita contra a pobreza.

Eidos de actuación

As entidades ou organizacións que participen deberán dispoñer da súa sede social no ámbito xeográfico da Unión Europea.

Destinatarios

Aberto para entidades legalmente constituídas, localizadas nalgunha das zonas de actuación.

Financiamento

A porcentaxe de cofinanciamento a cargo do FEDER oscila entre 70% no caso das rexións máis desenvolvidas e 80% de tratarse das menos desenvolvidas.

Orzamento total da convocatoria

A previsión de financiamento comunitario dispoñible para a convocatoria oscila entre 250.000€ e 400.000€, dependendo do número de participantes.

Data de publicación

04/10/2013

Data límite de solicitude

04/11/2013

Documentación

Contacto

E-mail:
m.houk@urbact.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante