Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

INTERREG IVC. 4º Programa de Cooperación Interrexional

Programa

INTERREG IVC: COOPERACIÓN TERRITORIAL INTERREXIONAL

Obxectivo xeral


Mellorar a efectividade das políticas de desenvolvemento rexional nas áreas de innovación, coñecemento económico, medio ambiente e prevención de riscos, e contribuir á modernización económica e ao aumento da competitividade da UE.

Obxectivo específico da convocatoria


Os obxectivos desta convocatoria son:

a) Permitir a actores locais e rexionais europeos intercambiar as súas experiencias e coñecementos.
b) Unir rexións con menos experiencia nun campo de actuación política determinado con rexións máis experimentadas.
c) Asegurar a transferencia de boas prácticas nos programas principais dos Fondos Estructurais.

Eidos de actuación


Ten dúas prioridades:

1) Innovación e economía do coñecemento

-Innovación, Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.
-Espíritu Emprendedor e PYMES
-Sociedade da Información.
-Empleo, Recursos Humanos e Educación.

2) Medio ambiente e prevención de riscos

-Riscos naturales e tecnolóxicos, Cambio Climático
-Xestión da auga.
-Prevención e xestión de residuos.
-Biodiversidade e herencia natural, calidade do aire.
-Enerxía e transporte sustentable
-Herencia Cultural e Paisaxe

Dentro destes campos de actuación, financianse dous tipos de proxectos:

1) Proxectos de Iniciativa Rexional:
Son proxectos co socios de direrentes estados da UE, nos que se intercambien experiencias, coñecementos e boas prácticas, para desenvolver novas ferramentas . Intercambio e diseminación de información ou ben transferencia de instrumentos ou resultados de proxectos ( tamén de políticas públicas). Tamén a implementación dun número determinado de sub-proxectos.

2) Capitalización, incluidos os proxectos de ”vía rápida”
Inclue na colección, análisis e diseminación de prácticas nunha política pública concreta, transferencia de boas prácticas de converxencia, competitividade local, empleo e programas europeos de cooperación territorial.
Dentro dos proxectos de capitalización, a Comisión escollerá os denominados de ”vía rápida”, dentro dos máis relevantes, e ofreceralles asistencia e experiencia da propia Comisión.

Destinatarios


Administracións públicas e corpos civís dos Estados Membros da UE, incluindo Noruega e Suiza. Socios procedentes doutros países poderán participar correndo cos seus propios gastos.

Socios


-Un socio de cada unha das catro áreas de Puntos de Información ha de estar representado. (Ver puntos de información no Programa)
-Al menos un dos doce Estados Membros máis recentes ha de estar representado (Bulgaria, República Checa, Chipre, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Malta Polonia, Rumanía, Eslovaquia e Eslovenia)

Financiamento


Depende da prioridade:
a) Innovación e coñecementos económicos: 55 % dos custos elixibles.
b) Medio Ambiente e prevención de riscos: 39 % dos custos elixibles.
c) Asistencia Técnica: 6 % dos custos elixibles.
d) Custos de Persoal: 12 %

Orzamento total da convocatoria

100 millóns de euros

Duración do proxecto


A resolución da convocatoria farase a finais do 2011. Os aspirantes deben comenzar o seu proxecto en Xaneiro de 2012.
Os proxectos deben completarse e os custos pagarse antes de 2014.
Os proxectos terán unha duración máxima de 36 meses, sin posibilidade de prórroga.

Data de publicación

01/12/2010

Data límite de solicitude

01/04/2011

Documentación

Contacto

PAÍSES DO SUR:
C/ Cronista Carreres, 11-4A
46003 Valencia
España
Tel: +34 961 922 618
Fax: +34 961 922 611
Web:www.interreg4c.eu

Procuras de Socios

Concello de Derry, Irlanda do Norte (Reino Unido) procura socios para programa piloto no ámbito da enerxía intelixente.

Comentarios


Cada rexión participante na cooperación debera desenvolver un ”plan de implementación”, que é un documento que especifica cómo vai traballar para integrar as leccións de cooperación aprendidas na súa propia rexión ou tamén, como vai compartir os resultados das súas propias políticas públicas locais.
Só se financiarán proxectos de iniciativa rexional, exluíndo os mini-programas.

É de especial importancia que o proxecto teña caracter innovador, e, se garda relación con algún proxecto xa financiado en anteriores ocasións, han de explicar as diferencias e as sinerxías dos proxectos en curso con eses outros proxectos xa financiados. O carácter innovador do proxecto ten que ser demostrado nos temas elixidos e tamén nos socios cooperantes.

A solicitude ha de ser enviada de dous modos:
-Ao e-mail: application@interreg4c.eu
-Dirección:
INTERREG IVC
4 th call for proposals
Les Arcuriales-Entrée D-5e étage
45 rue de Tournai
59000 Lille
Francia

-SEMANA DAS REXIÓNS INNOVADORAS (vid enlace)

Data: 7-9 de xuño
Lugar: Debrecen, Centro Kölcsey (Hungría)

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante