Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Proxectos de capitalización

Programa

INTERREG IVC: COOPERACIÓN TERRITORIAL INTERREXIONAL

Obxectivo xeral

O programa INTERRG IVC ten como obxectivo mellorar por medio da cooperación interrexional, a efectividade das políticas de desenvolvemento rexional e contribuír á modernización económica e a unha maior competitividade en Europa

Obxectivo específico da convocatoria

Trátase dunha convocatoria destinada tan so a Proxectos de Capitalización (optimización de resultados logrados e intercambio de boas prácticas) e Proxectos de rápida implementación “Fast Track Projects” (asistencia específica por parte da Comisión Europea ofrecida a certos proxectos de capitalización relacionados ca iniciativa “Regions for economic change”).

Eidos de actuación

O programa INTERREG IVC estructúrase en torno a dúas prioridades temáticas que a Comisión considera claves dentro da contribución das rexións á estratexia europea de crecemento, emprego e desenvolvemento sostible:
• A prioridade 1 é “a innovación e a economía do coñecemento” e inclúe como subtemas a innovación, investigación e desenvolvemento tecnolóxico; o espírito emprendedor e as pemes; a sociedade da información; e o emprego, capital humano e educación.
• A prioridade 2 é “o medio ambiente e a prevención de riscos” e inclúe os subtemas riscos naturais e tecnolóxicos, tratamento de augas, tratamento de residuos, biodiversidade, enerxía e transporte sostible, e herdanza cultural e paisaxe.
Non obstante, Proxectos de Capitalización xa teñen sido aprobados en todos os temas de prioridade 1, e no temas de tratamento de residuos, por tanto os candidatos que presenten algunha proposta nalgún deses temas necesitarán explicar con precisión na súa solicitude, as diferenzas e posibles sinerxías da súa proposta cos proxectos xa en marcha.

Destinatarios

Tan so autoridades públicas, estatais, rexionais ou locais e entidades de dereito público dos 27 estados membros, máis Noruega e Suíza. Debido ás características dos Proxectos de Capitalización, a participación de organismos responsables de supervisar o Programa Operativo en cada unha das rexións participantes é un prerequisito pra presentar unha solicitude neste programa.

Socios

Necesítanse cumprir cos seguintes tres requisitos:
• Un mínimo de 6 e un máximo de 10 estados representados na asociación
• Cando menos, un participante de canda unha das catro areas de “Punto de Información” (Norte: Dinamarca, Estonia, Finlandia, RFA, Letonia, Lituania, Suecia e Noruega, Este: Austria, Bulgaria, Rep. Checa, Hungría, Eslovaquia, Polonia, Romanía e Eslovenia, Sur: Chipre, Grecia, Italia, Malta, Portugal e España, Oeste: Bélxica, Francia, Irlanda, Luxemburgo, Holanda, Reino Unido e Suíza)
• Un mínimo de dous dos doce novos membros da Unión

Financiamento

Os proxectos poden ser financiados dependendo do país, nun 85% ou nun 75% que sería o caso de España.

Orzamento total da convocatoria

Un orzamento máximo de 15 millóns de euros do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

Duración do proxecto

Non se dispón ningunha duración.

Data límite de solicitude

05/03/2010

Documentación

Contacto

Email: laure.lesec@interreg4c.eu
Nicoleta Petrea
Email: nicoleta.petrea@interreg4c.eu
Aline Gavelle
Email: aline.gavelle@interreg4c.eu

Punto de contacto nacional
Mariano Paya
MPaya@sgpg.meh.es
+34 915835553

Ana Burgos
ABurgos@sgpg.meh.es
+34 915835339

Punto de información do grupo de estados do sur
Manuel Gonzalez-Evangelista
manuel.gonzalez@interreg4c.eu

Comentarios

As solicitudes deben ser feitas en inglés e enviadas por email á seguinte conta, application@interreg4c.eu ou por correo tradicional ao seguinte enderezo
INTERREG IVCE
3rd call for proposals Les Arcuriales - Entrée D - 5e étage 45 rue de Tournai 59000 LILLE FRANCIA

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante