Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Segunda convocatoria INTERREG IVC

Programa

INTERREG IVC: COOPERACIÓN TERRITORIAL INTERREXIONAL

Obxectivo xeral

Mellorar a eficacia das políticas de desenvolvemento rexional e contribuír, a través da cooperación interregional, á modernización económica e á crecente competitividade existente en Europa nos sectores da innovación, a economía do coñecemento, o medio ambiente e a prevención de riscos.

Obxectivo específico da convocatoria

Fomentar a innovación e a economía do coñecemento, o medio ambiente e a prevención de riscos.

Eidos de actuación

  1. Economía da Innovación e o Coñecemento
    • Investigación, Desenvolvemento Tecnolóxico e Innovación (I D I).
    • Empresariado e Pemes
    • Sociedade da Información.
    • Emprego, Capital humano e Educación.

  2. Medio Ambiente e Prevención de Riscos
    • Riscos naturais e tecnolóxicos (incluído Cambio climático)
    • Xestión da auga.
    • Xestión de residuos
    • Biodiversidade e preservación do Patrimonio Natural (incluída Calidade do Aire)
    • Enerxía e Transporte Sostibles.
    • Patrimonio Cultural e Paisaxístico.

Destinatarios

Poderán participar na convocatoria a administración local e rexional ou entidades públicas dos 27 Estados membros da UE, ademais de Suíza e Noruega. As entidades privadas non poderán ser beneficiarias deste programa e, en caso de participar, farano con financiamento propio, do mesmo xeito que outras entidades de terceiros Estados.

Financiamento

Non existe un orzamento concreto previsto para esta segunda convocatoria. A modo orientativo, sinálase que, do orzamento total, quedan 136,9 millóns para a prioridade 1 (Economía da innovación e do coñecemento) e 230,8 millóns para a prioridade 2 (medio ambiente e prevención de riscos). A porcentaxe de cofinanciación varía por países:

  • 75% para: Austria, Bélxica, Dinamarca, Finlandia, Francia, Alemaña, Irlanda, Italia, Luxemburgo, Países Baixos, España, Suecia e Reino Unido.
  • O 85% para: Bulgaria, República Checa, Chipre, Estonia, Grecia, Hungría, Lituania, Letonia, Malta, Polonia, Portugal, Rumania, Eslovaquia e Eslovenia.

Data límite de solicitude

30/01/2009

Documentación

Contacto

Los formularios de solitud deben enviarse por e-mail a: application@interreg4c.eu, o por correo postal a:

INTERREG IVC
Segunda convocatoria INTERREG IVC
JTSLes Arcuriales - Entrée D - 5e étage45
Rue de Tournai59000 LILLE
FRANCIA

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante