Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Acción preparatoria de “Circulación de películas na era dixital” – 2013/C/140/08

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

A convocatoria busca definir as condicións que poden incrementar a complementariedade entre os soportes de difusión para mellorar a circulación transnacional e a audiencia global das películas europeas dentro da Unión Europea.

Obxectivo específico da convocatoria

A acción preparatoria apoiará proxectos que propoñan experimentar estreas simultáneas ou case simultáneas no conxunto de soportes de difusión e en diversos territorios europeos.
Os proxectos limitaranse a obras cinematográficas europeas e a súa distribución en países da Unión Europea e deberán abrenguer un número substancial de películas e territorios.
Este parámetro dimensional é fundamental para poder extraer conclusións significativas da acción preparatoria e para que as autoridades e os profesionais da industria cinematográfica euroepa poidan utilizala como instrumento de axuda para a decisión.
Nesta perspectiva, os proxectos deberán considerar así mesmo, ao rematar a acción, a organización dunha reunión pública destinada a presentar aos profeisonais e os poderes públicos os principias resultados da experimentación e as ensinanzas.

Eidos de actuación

As entidades ou organizacións que participen deberán dispoñer da súa sede social no ámbito xeográfico seguinte:
 Unión Europea (UE).
 Espazo Económico Europeo (EEE).
 Países candidatos.
 Terceiros países.

Destinatarios

Aberto para entidades legalmente constituídas e localizadas nalgunha das zonas de actuación de calqueira dos seguintes tipos:
 Empresas.

Socios

Dirección Xeral de Sociedade da Información e Medios de Comunicación.

Financiamento


A axuda financeira da Comisión non poderá exceder do 70% do total dos custos subvencionables.

Orzamento total da convocatoria

A previsión de financiamento comunitario dispoñible para a convocatoria de propostas é:
Orzamento global:2,00 M€

Data de publicación

18/05/2013

Data límite de solicitude

06/09/2013

Documentación

Contacto

EAC-DIGITAL-CIRCULATION@ec.europa.eu
emmanuel.joly@ec.europa.eu tlfn:+3222999695
irina.orssich@ec.europa.eu tlfn:+3222996798
maciej.szymanowicz@ec.europa.eu Tlfn:+3222960024

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante