Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Proxecto ”e-Learning catalogue on EU governance”

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

O grupo Lattanzio, provedor europeo de servizos de e-Learning, ten desenvolvido unha plataforma de aprendizaxe en liña co obxectivo de reforzar os medios de coñecemento dispoñibles sobre a gobernanza na Unión Europea, á vez que se favorece o desenvolvemento da cidadanía europea e global.

O proxecto consiste nun catálogo virtual destinado á autoaprendizaxe desde o que se pode ter acceso a unha serie de comntidos, presentados en diferentes formatos, sobre distintas materias relacionadas coa UE despois da entrada en vigor do Tratado de Lisboa, tales como: institucións europeas, toma de decisións na UE, dereito e políticas da Unión Europea.

Obxectivo específico da convocatoria

O catálogo ten por obxectivo prover aos seus usuarios cun coñecemento claro sobre o funcionamento da gobernanza na UE, combinando a aprendizaxe formal e informal. Os contidos do mesmo están desenvolvidos en colaboración co Instituto Europeo de Administración Pública (EIPA) e co Colexio de Europa, dous dos maiores centros de investigación da Unión Europea.

A plataforma virtual “e-Learning catalogue on EU governance” está na actualidade dispoñible para o funcionariado da Unión Europea e estase a tratar de promove a súa extensión por parte do grupo Lattanzio.

Destinatarios

Universidades e centros de investigación, administracións públicas, cámaras de comercio e organizacións sen ánimo de lucro.

Data de publicación

21/05/2013

Data límite de solicitude

31/12/2013

Documentación

Contacto

Maria Carla Bellomia| LATTANZIO Learning
E-mail : bellomia@lattanziogroup.eu.
LATTANZIO Group
Head Office Via Nazionale, 89A - 00184 Roma (Italia)
tel. +39 06 58300195 - fax +39 06 5813174

Comentarios

Ademais da versión de proba accesible no apartado de documentación, onde se presentan as principais características dos cursos on –line, os promotores tamén disponibilizarán unha demo en formato Skype no caso de ser solicitada.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante