Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de manifestacións de interese para lista de expertos do Grupo dos Usuarios de Servizos Financeiros - MARKT/2013/20/H

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

A convocatoria pretende crear un Grupo de expertos que se encargará de diversos aspectos relacionados coa xestión dos servizos financeiros.

Obxectivo específico da convocatoria

Entre as funcións específicas do Grupo de expertos atópanse as seguintes:
- Asesorar á Comisión na preparación de actos lexislativos ou outras iniciativas de actuación que afecten aos usuarios de servizos financeiros, isto é, os consumidores, os inversores minoristas e as microempresas;
- Proporcionar unha visión entendida, opinións e asesoramento sobre os aspectos prácticos da aplicación de tales medidas;
- Intentar determinar, de maneira proactiva, os problemas fundamentais no eido dos servizos financeiros que afectan aos seus usuarios;
- Servir de enlace cos representantes e os órganos representativos dos usuarios de servizos financeiros na Unión Europea e a nivel nacional, así como outros grupos consultivos administrados pola Comisión.

Eidos de actuación

As persoas que participen deberán ser nacionais dun Estado membro da Unión Europea.

Destinatarios

A presente convocatoria de manifestacións de interese para a constitución do Grupo dos Usuarios de Servizos Financeiros está aberta a expertos debidamente cualificados procedentes de toda a UE.

Financiamento

As retribucións anuais dos expertos que pasen a formar parte deste grupo sitúanse nos 10.000 euros, en relación a unha carga laboral estimada de 35 días.

Data de publicación

16/05/2013

Data límite de solicitude

21/06/2013

Documentación

Contacto

Comisión Europea, Dirección Xeral Mercado Interior e Servizos
Calle de Spa 2, 1049 Bruxelas
E-mail: ec-intmarket-contracts@ec.europa.eu
http://ec.europa.eu/dgs/internal_market/calls_en.htm

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante