Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de candidaturas para a selección do rexistro de primeiro nivel “EU” – 2013/C 134/06

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

Solicitar ofertas de entidades que desexen ser candidatas no procedemento de selección do Rexistro que opere no futuro o dominio nivel superior “.eu”.

Obxectivo específico da convocatoria

O Rexistro terá que subministrar, como mínimo, os sistemas, os recursos e as infraestruturas necesarias para os servizos seguintes:
1. Explotación e mantemento do servidor primario do dominio “.eu”.
2. Explotación e/ou administración da rede de servidores secundarios do dominio “.eu”.
3. Creación e xestión do(dos) arquivo(s) da zona do domino “.eu”.
4. Aplicación das medidas de protección axeitadas para garantir un alto nivel de confidencialidade, integridade e dispoñibilidade.
5. Dilixencia debida de seguridade para garantir unha vixilancia constante e continuada contra posibles ameazas.
6. Mantemento dunha base de datos de rexistro exacta e actualizada para todos os rexistros do dominio “.eu”
7. Mantemento dunha base de datos de rexistro exacta e actualizada dos rexistradores acreditados do dominio “.eu”
8. Establecemento dun depósito de datos dun terceiro referido á información de rexistros de nomes de dominio e arquivos de zona de dominio “.eu”.
9. Aplicación das normas internacionais pertinentes e dos procedementos de mellores prácticas para as funcións antes enumeradas co fin de garantir a interoperabilidade do dominio “.eu” co resto do sistema de nomes do dominio.
10. Promoción do coñecemento do dominio “.eu” e do rexistro neste mediante o mantemento dunha páxina web con información actualizada sobre a súa política e o xeito de rexistrarse.

Eidos de actuación

As entidades ou organizacións que participen deberán dispoñer da súa sede social no ámbito xeográfico seguinte:
 Unión Europea (UE).
 Espazo Económico Europeo (EEE).
 Países candidatos.

Destinatarios

Aberto para entidades legalmente constituídas e localizadas nalgunha das zonas de actuación de calqueira dos seguintes tipos:
 Entidades públicas (todos os tipos).

Socios

Dirección Xeral de Redes de Comunicación, Contido e Tecnoloxías.

Data de publicación

14/05/2013

Data límite de solicitude

20/06/2013

Documentación

Contacto

Comisión Europea, Dirección Xeral de Redes de Comunicación, Contido e Tecnoloxías
Unidad D1
1049 Bruxelas, Bélxica

Dirección E-mail: cnect-d1@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante