Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de manifestacións de interese para integrarse en calidade de membro das comisións técnicas da Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria (Parma, Italia).

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

A presente convocatoria, dirixida a científicos que desexen integrarse en calidade de membro ou ben na Comisión técnica de aditivos alimentarios e fontes de nutrintes engadidas aos alimentos (ANS) ou ben a Comisión técnica de materiais en contacto cos alimentos, enzimas, aromatizantes e auxiliares tecnolóxicos (CEF) da Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA), ten por obxecto identificar aos mellores científicos europeos en ditos eidos.

Obxectivo específico da convocatoria

Os actuais membros das Comisións Técnicas ANS e CEF cumpren un mandato trianual que expirará en xullo de 2014. Os candidatos seleccionados na presente convocatoria serán designados como membros dunha das Comisións técnicas mencionadas anteriormente para un mandato trianual que se iniciará en xullo de 2014.
Os membros das Comisións Técnicas son científicos independentes e coa debida experiencia, seleccionados e designados de acordo coa normativa e o Reglamento constitutivo da EFSA.
No curso do seu mandato, esixiráselle que desempeñen as seguintes tarefas:
— contribuír ao debate, a preparación e a adopción de dictames científicos da Comisión Técnica e as actividades dos seus grupos de traballo,
— asesoramento científico en materias cuxa competencia recae na Comisión Técnica,
— asesoramento en materia de realización e organización das actividades científicas da Comisión Técnica.

Eidos de actuación

Ser cidadán dun Estado membro da Unión Europea (UE), dun país da Asociación Europea de Libre Comercio (AELC), ou dos países candidatos á adhesión á UE; os expertos de terceiros países tamén poderán presentar a súa solicitude, pero a súa incorporación só se terá en conta de maneira subsidiaria.

Destinatarios

As persoas que entran dentro do eido de actuación e que cumpran cos seguintes resquisitos:
- Nivel educativo equivalente a uns estudos universitarios completos de alomenos catro anos sancionados por unha titulación nun eido relacionado;
- dez anos como mínimo de experiencia profesional no eido de competencias da comisión ou comisións, desenvolvida tras a obtención do título correspondente;
- coñecemento exhaustivo da lengua inglesa;
- obriga de cumprimentar a declaración de intereses incluída na solicitude de maneira precisa, veraz e completa;
- compromiso de asistir á reunións e contribuír ao labor das Comisións Técnicas.

Data de publicación

13/04/2013

Data límite de solicitude

17/06/2013

Documentación

Contacto

Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria
Via Carlo Magno 1A
43126 Parma
ITALIA
Teléfono: +39 0521 036111
Fax: +39 0521 036110
Horario de oficina: luns a venres de 8.30 a 18.00

Comentarios

Un solicitante só poderá ser considerado para a súa incorporación como membro se a súa solicitude obtén unha puntuación superior á nota de corte de 66 puntos (dun total de 100).
Por outra parte, invitarase a todos os candidatos que cumpran os requisitos a solicitar o seu ingreso na base de datos de expertos da EFSA.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante