Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Segunda Edición do Torneo de Innovación Social do Instituto BEI.

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

Fomentar a producción de ideas innovadoras e identificar oportunidades que teñan beneficios para a sociedade o sexan modelos de boas prácticas.

Obxectivo específico da convocatoria

O obxectivo é a creación dun valor social en relación coa loita contra a exclusión social, polo que os proxectos poden ser moi variados.
Inclúense proxectos dentro do eido da educación e a sanidade, así como proxectos relacionados co entorno natural e urbano, nos que se recorre a novas tecnoloxías, novos sistemas e novos procedementos. As melloras nestes sectores son vitais para o éxito empresarial, e a innovación social podería ter un impacto social substancial.
A introducción en 2013 dun Premio de Categoría Especial, outorgará maior relevancia ao entorno natural e urbano.

Eidos de actuación

Estados membros da Unión Europea, países candidatos, candidatos potenciais e países do EELC.

Destinatarios

Persoas residentes en países dentro do eido de actuación, a título individual ou formando equipos. A presentación de candidaturas pódese facer en etapas diferentes do ciclo de vida do proxecto.

Financiamento

Existen dúas categorías de premios e tres premios diferentes. Na categoría xeral estableceranse un primeiro premio de 25.000€ e un segundo premio cifrado en 10.000€. Así mesmo, concederase un premio de categoría especial cuxa suma será de 25.000 €.

Orzamento total da convocatoria

60.000 €

Data de publicación

09/03/2013

Data límite de solicitude

15/05/2010

Documentación

Contacto

Luisa Ferreira
Email: l.ferreira@eib.org
Tel.+3524379 88540

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante