Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

1º Premio Europeo do Banco Europeo de Inversións.

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

Recoñecer e estimular a excelencia no eido da investigación económica e social, así como a aplicación e divulgación dos seus resultados.

Obxectivo específico da convocatoria

A investigación debe ser de relevancia específica para o desenvolvemento europeo e para a integración. O tema do 1º Premio do BEI é “Crecemento, emprego e converxencia, con aplicacións á Unión Europea”.

Destinatarios

Os nominados para o Premio do BEI deben ser investigadores que teñan realizado contribucións empíricas substanciais baseadas nuns fundamentos teóricos sólidos, dentro das áreas cobertas pola temática deste año. Unha lista de exemplos non exhaustiva podería incluír cuestións tales como os determinantes do crecemento das rendas, as relacións entre crecemento e desigualdade, ou os diferentes comportamentos do mercado de traballo.

Financiamento

Consiste en dous premios distintos: premio á contribución excepcional, cifrado en 40.000€, e premio xove economista, de 25.000€.

Orzamento total da convocatoria

65.000€

Data de publicación

01/02/2013

Data límite de solicitude

15/04/2013

Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante