Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de manifestación de interese para axentes contractuais: Investigadores – Grupo de funcións IV
EPSO/CAST/S/5/2013

Programa

VARIOS

Obxectivo específico da convocatoria

Procedemento de selección para crear unha base de datos dos candidatos seleccionados para a contratación, a fin de reforzar a súa capacidade, de axentes contractuais de investigación (axentes contractuais GFIV) cos perfís de: ciencias naturais, ciencias cuantitativas, ciencias humanas e sociais, agricultura, medio ambiente e ciencias da terra e ciencias da saúde.

Eidos de actuación

Bioloxía, química, ciencias naturais, ciencias da vida, bioquímica, oceanografía/ciencias mariñas, nanotecnoloxía, nanobiotecnoloxía, veterinaria, enxeñaría, matemáticas, física, informática, estatística, ciencias dos materiais, economía, ciencias políticas, ciencias sociais, ciencias da educación, psicoloxía, xeografía, ciencias do medio ambiente, ciencias agrícolas, enxeñaría agrícola, meteoroloxía, ecoloxía, silvicultura, xeoloxía, ciencias hidrolóxicas, ciencias médicas, farmacia ou ciencias da nutrición.

Destinatarios

Persoas que reúnan os seguintes requisitos:
- Ser cidadán dun dos Estados membros da UE ou dun dos países asociados ao Sétimo Programa Marco de Investigación
- Estar en plena posesión dos dereitos civís.
- Estar en situación regular respecto ás leis do seu país de orixe en materia de servizo militar.
- Ofrecer as garantías de moralidade requiridas para o exercicio das súas funcións.
- Un coñecemento profundo (nivel C1) dunha das linguas oficiais da UE e un coñecemento satisfactorio (nivel B2) de inglés, francés ou alemán; esta lingua 2 deberá ser obrigatoriamente distinta da lingua 1.

Un nivel de formación que corresponda a estudos universitarios completos de polo menos tres anos acreditados por un título e, polo menos, cinco anos de experiencia profesional nun dos ámbitos que se enumeran a continuación, ou ben
Título de doutorado nun dos seguintes ámbitos: bioloxía, química, ciencias naturais, ciencias da vida, bioquímica, oceanografía/ciencias mariñas, nanotecnoloxía, nanobiotecnoloxía, veterinaria, enxeñaría, matemáticas, física, informática, estatística, ciencias dos materiais, economía, ciencias políticas, ciencias sociais, ciencias da educación, psicoloxía, xeografía, ciencias do medio ambiente, ciencias agrícolas, enxeñaría agrícola, meteoroloxía, ecoloxía, silvicultura, xeoloxía, ciencias hidrolóxicas, ciencias médicas, farmacia ou ciencias da nutrición.

Data de publicación

06/02/2013

Data límite de solicitude

01/03/2013

Contacto

http://europa.eu/epso/doc/call-cast-jrc-s5-2013_es.pdf

Comentarios

Inscrición en liña na páxina web http://europa.eu/epso/apply/jobs/index_en.htm). Asta as 12:00h (CET) do 1 de marzo do 2013.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante