Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

«Axuda para medidas de información no eido da Política Agrícola Común (PAC)»

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

A presente convocatoria de propostas ten por obxecto financiar medidas de información. Unha medida de información é un conxunto de actividades informativas, autónomo e coherente organizado sobre a base dun orzamento único.

Obxectivo específico da convocatoria

O asunto prioritario desta convocatoria de propostas será a PAC, en xeral, e as propostas de reforma da política, en particular.

Eidos de actuación

Os proxectos propostos deben ter como obxectivo:
— garantir unha mellor comprensión da PAC por parte dos cidadáns, en particular no contexto das propostas de reforma;
— mostrar a función da PAC para fomentar un crecemento intelixente, sostible e inclusivo, como se expón na estratexia Europa 2020;
— mellorar a comprensión do modo no que a Política Agrícola Común contribúe a garantir aos cidadáns europeos unha produción alimentaria san e de calidade, a conservar o ambiente e a axudar a desenvolver as zonas rurais na Unión Europea;
— estimular o interese dos cidadáns no papel que desempeñan os agricultores, a agricultura e o desenvolvemento rural na nosa sociedade fomentando as múltiples funcións da agricultura e amosar a contribución da PAC apoiando aos agricultores, á agricultura e ao desenvolvemento rural na Unión Europea.

Destinatarios

O público en xeral (facendo especial fincapé nos mozos das zonas urbanas), ademais dos medios de comunicación, a sociedade civil e as partes interesadas do mundo rural.

Financiamento

A contribución financeira da Comisión as solicitudes seleccionadas está limitada ao 50 % dos custos totais subvencionables. Non inclúe os gastos de persoal, senón que estes son obxecto dun pago a tanto alzado que vai de 10 000 EUR a 25 euros en función aos custos totais subvencionables.

No caso das medidas de información de carácter excepcional, a porcentaxe da contribución da Comisión poderá chegar ata un 75 %, se así o solicita o candidato.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total da convocatoria é de 3.000.000 euros.

Data de publicación

27/07/2012

Data límite de solicitude

31/10/2012

Documentación

Contacto

Email: AGRI-GRANTS-APPLICATIONS-ONLY@ec.europa.eu
Comisión Europea
Unidad AGRI. K.1
Convocatoria de propostas 2012/C 223/04
Á atención de Angela Filote
L130 4/148A
1049 Bruxelles/Brussel
BELGIQUE/BELGIË

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante