Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

7 Convocatoria 2012. Iniciativa Medicinas Innovadoras (IMI)

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

O obxectivo do IMI é de propoñer un enfoque coordinado para superar os pescozos de botella identificados na investigación no desenvolvemento dos procedementos de drogas, coa finalidade de desenvolver medicinas seguras e máis efectivas para os pacientes, promovendo a colaboración entre todos os grupos de interese tales como a industria, as autoridades públicas (incluíndo aos reguladores), organizacións de pacientes, centros académicos e clínicos, e mellorar a competitividade de Europa.

Obxectivo específico da convocatoria

A 7 Convocatoria de propostas 2012 terá dous temas que seguen as seguintes prioridades clave:
• Xestión do coñecemento (relacionado as áreas de interese: coñecemento, pacientes, desenvolvemento)
• Superando os obstáculos normativos e legais (relacionados a área de interese: desenvolvemento)

Eidos de actuación


2 eidos de actuación:
1- Desenvolver un marco para unha rápida avaliación para os beneficios/riscos da vacinación en Europa.
2- Incorporar datos clínicos da vida real para o desenvolvemento das drogas.

Destinatarios

Medios académicos, pequenas e medianas empresas (pemes), organizacións de pacientes, empresas non EFPIA, etc…

Financiamento

1- Desenvolver un marco para unha rápida avaliación para os beneficios/riscos da vacinación en Europa.: ata 5 millóns de euros.
2- Incorporar datos clínicos da vida real para o desenvolvemento das drogas: ata 8 millóns de euros.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total da convocatoria é de 13 millóns de euros.

Duración do proxecto

A duración prevista do proxecto é de 5 anos para a primeira área temática e de 3 anos para a segunda.

Data de publicación

17/07/2012

Data límite de solicitude

02/08/2012

Documentación

Contacto

E-mail: infodesk@imi.europa.eu
Avenue de la Toison d´Or 56-60
B-1060 Brussels
Belgium
Tel.: +32 (0)2-221 81 81

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante