Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Programa Hércules II — Compoñente de Formación

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

A organización de formación, seminarios e conferencias de apoio á loita contra o fraude, a corrupción e outras actividades ilegais, así como o desenvolvemento e a aplicación de políticas de prevención e detección do fraude.

Obxectivo específico da convocatoria

Actividades de formación:
— formación mediante conferencias, seminarios, coloquios, reunións, simposios, aprendizaxe electrónico e mesas redondas,
— intercambios de mellores prácticas (incluídas avaliacións sobre o risco de fraude).

Destinatarios

Poderán presentar propostas de financiamento os candidatos seguintes:
— toda administración nacional ou rexional dun Estado membro ou dun país de fora da Unión que promova o reforzo da acción da Unión destinada a protexer os seus intereses financeiros,
— todos os centros de investigación e ensinanza que teñan personalidade xurídica dende fai polo menos un ano, teñan a súa sede e operen nun Estado membro ou nun país de fora da Unión e promovan o reforzo da acción da Unión destinada a protexer os seus intereses financeiros,
— todo organismo sen ánimo de lucro que teña personalidade xurídica dende fai polo menos un ano, estea legalmente establecido nun Estado membro ou nun país de fora da Unión e que promova o reforzo da acción da Unión para protexer os seus intereses financeiros.

Financiamento

A taxa máxima de cofinanciamento é do 80%.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total da convocatoria é de 1.000.000 euros.

Data de publicación

24/07/2012

Data límite de solicitude

25/09/2012

Documentación

Contacto

Email: Olaf-anti-fraud-training@ec.europa.euES
Comisión Europea — Oficina Europea de Lucha contra el Fraude (OLAF)
Unidad D.5 — Pericles, Hércules y Protección del Euro
Despacho JII 30 — 01/16
1049 Bruxelles/Brussel
BELGIQUE/BELGIË

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante