Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Programa Nacional de cooperación Público-Privada - Subprograma INNPACTO: LIA de Articulación e Internacionalización do Sistema

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

O obxectivo fundamental do Subprograma INNPACTO é proporcionar a creación de proxectos en cooperación entre organismos de investigación e empresas para a realización conxunta de proxectos de I D i que axuden a potenciar a actividade innovadora, mobilicen o investimento privado, xeren emprego e melloren a balanza tecnolóxica do país, así como fomentar a participación das entidades beneficiarias en proxectos e programas europeos e internacionais.

Eidos de actuación

A convocatoria INNPACTO financia proxectos en cooperación público-privada entre organismos de investigación e empresas, para a realización de proxectos de I D i orientados cara a produtos explotables baseados na demanda. Con estes proxectos preténdese crear empresas innovadoras, orientar a actividade de empresas xa existentes cara á actividade innovadora, mobilizar o investimento privado, xerar emprego e mellorar a balanza tecnolóxica do país Os proxectos obxecto de axuda no subprograma INNPACTO serán proxectos de desenvolvemento experimental coas características descritas no artigo 14.1.c). da Orde CIN/1559/2009, de 29 de maio.

Destinatarios

A presente convocatoria está destinada á seguinte categoría de organismos:
a. Empresas, incluíndo a pequena e mediana empresa e as microempresas.
b. Centros tecnolóxicos coas características establecidas na Orde de Bases.
c. Centros privados de investigación e desenvolvemento universitarios.
d. Outros Centros privados de investigación e desenvolvemento sen ánimo de lucro.
e. Organismos públicos de investigación aos que se lles aplique a Lei 13/1986, de 14 de abril.
f. As universidades públicas, os seus departamentos e institutos universitarios, de acordo co previsto na Lei Orgánica 6/2001, de 21 de decembro, de Universidades.
g. Outros centros públicos de investigación e desenvolvemento, entre os que se atopan os organismos públicos con capacidade para realizar I D, non regulados na Lei 13/1986, de 14 de abril ou en disposicións similares das comunidades autónomas (fundacións, hospitais públicos, consorcios etc.).
h. Agrupación ou asociación de empresas.
i. Outras entidades de Dereito público das reguladas no artigo 2 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, distintas dos centros públicos de I D.

Financiamento

O orzamento mínimo dun proxecto será de 500.000 euros.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento da convocatoria é de 851.70 millóns de euros.

Duración do proxecto

As actuacións deberán ser plurianuais, parte do proxecto deberá realizarse no ano 2012 e deberase solicitar axuda para o ano 2012. Terán unha duración mínima de 24 meses e máxima ata o 31 de decembro de 2015.

Data de publicación

26/06/2012

Data límite de solicitude

17/07/2012

Documentación

Contacto

Para máis información relacionada coa convocatoria envien un correo ao: innpacto2012@mineco.es

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante