Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Europe Direct 2013-2017 - Convocatorias Nacionais Propostas - Estruturas de acollida dos centros de información Europe Direct 2013-2017 - España - COMM/ED/2013-2017

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

A Comisión Europea, a través da súa Representación en España, pon en marcha unha convocatoria de propostas a fin de seleccionar organizacións que poidan recibir subvención e asistencia técnica para acoller a centros de información ao público, denominados colectivamente rede de centros de información Europe Direct, durante o período de 2013-2017.
O obxectivo xeral da convocatoria é que os cidadáns teñan fácil acceso á información e a posibilidade de comunicar e intercambiar as súas opinións en todos os ámbitos de actividade da UE e, en particular, naqueles que teñan un impacto na vida cotiá das persoas.

Eidos de actuación

A misión dos centros ten dúas vertentes:
- Informar aos cidadáns europeos a nivel local e rexional. Os centros son un elemento crave do concepto de «portelo único» como primeiro punto de acceso á Unión Europea dos cidadáns, pois facilitan información sobre a UE, remítenlles a «A túa Europa» ou a fontes de información especializada e orientan cara a outros servizos e redes. Dan información, consello, axuda e respostas a laspreguntas sobre a UE e, en particular, sobre os dereitos dos seus cidadáns e as prioridades (como a Estratexia para o Crecemento Europa 2020), a lexislación, as políticas, os programas e as oportunidades de financiamento da UE.
- Promover unha cidadanía participativa mediante diversas ferramentas de comunicación (sitio web, medios sociais, publicacións, etc.) e a interacción cos socios locais e rexionais, os multiplicadores e os medios. Os centros estimulan o debate mediante a organización de conferencias e actos, e canalizan as respostas dos cidadáns á UE.

Destinatarios

Todo tipo de entidades públicas ou privadas.

Financiamento

O financiamento por parte da Comisión está comprendida entre 15.000 e 25.000 euros.

Orzamento total da convocatoria

A Cantidade global asignada a España para 2013: 1.075.000 euros, a reserva da aprobación do orzamento pola autoridade orzamentaria.

Data de publicación

29/06/2012

Data límite de solicitude

10/12/2012

Documentación

Contacto

Para calquera dúbida pode porse en contacto connosco a través do seguinte correo electrónico:
comm-es-eurodirect@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante