Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

EIRBUS - 2012 - Tres novas bolsas EIBURS no marco do Programa de Coñecemento do EIB

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

EIBURS facilita subvencións a centros universitarios de investigación dedicados a especialidades e temas de interese fundamental para o Banco Europeo de Investimentos. Estas bolsas do BEI, de ata 100.000 euros anuais durante un período de tres anos, concédense, a través dun procedemento competitivo, a departamentos universitarios ou centros de investigación interesados vinculados a universidades dos Estados membros da UE e dos Estados adherentes ou en vías de adhesión que posúan unha especialización recoñecida nas áreas seleccionadas polo BEI, co obxecto de permitirlles ampliar as súas actividades en devanditas áreas. A proposta seleccionada deberá presentar unha serie de resultados (investigación, organización de cursos ou seminarios, creación de redes, divulgación dos resultados, etc.) que se acordarán de forma contractual co Banco.

Eidos de actuación

Para o curso académico 2012/2013, o programa EIBURS seleccionou tres novas liñas de investi­gación:
1. Medida do impacto máis aló da rendibilidade financeira
2. Cultura financeira
3. Análise dos custos-beneficios no sector da investigación, o desenvolvemento e a innovación

Destinatarios

EIBURS facilita subvencións a centros universitarios de investigación dedicados a especialidades e temas de interese fundamental para o Banco.

Financiamento

Financiarase ata 100.000 a cada centro selectado.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total ascende a uns 300.000 euros.

Duración do proxecto

O financiamento será por 3 anos.

Data de publicación

08/06/2012

Data límite de solicitude

14/09/2012

Documentación

Contacto

Para máis preguntas, envien un correo ao:

universities@eib.org

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante