Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

OLAF/2012/D5/05 - Apoio técnico para detectar a presenza de cigarros e tabaco

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

A Oficina Europea de Loita contra a Fraude (OLAF) pon en marcha unha convocatoria de propostas para invitar a administracións nacionais e rexionais a presentar propostas sobre asistencia técnica para detectar a presenza de cigarros e de tabaco e para a investigación do contrabando e a falsificación do tabaco.

Eidos de actuación

O apoio técnico para detectar a presenza de cigarros e tabaco, e para a investigación do contrabando e a falsificación de produtos de tabaco componse de:
- apoio técnico para reforzar as inspeccións de colectores e camións nas fronteiras exteriores da UE, dedicados á loita contra o contrabando de cigarros e a falsificación;
- equipo como parte dunha acción das forzas da orde para mellorar a detección e investigación dos envíos ilícitos de produtos de tabaco;
- equipo como parte dunha acción das forzas de seguridade para detectar mercancías de contrabando e falsificados sobre a base das súas características de aroma.

Destinatarios

A convocatoria esta aberta para todas as administracións rexionais ou nacionais dos estados membros.

Financiamento

A cofinanciación pode alcanzar ata un 50% dos gastos elexibles.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento da presente convocatoria é de 3.3 millóns de euros.

Data de publicación

08/06/2012

Data límite de solicitude

31/08/2012

Documentación

Contacto

Se desexan realizar preguntas relacionadas coa convocatoria, envien un correo ao:

OLAF-FMB-HERCULE-TA@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante