Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

CEI-SCIE-2012 Convocatoria de manifestacións de interese para ocupar o posto de membro do Comité Científico da Axencia dos Dereitos Fundamentais da Unión Europea (FRA).

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

A presente convocatoria de manifestacións de interese invita aos expertos que posúan a necesaria experiencia nunha ou varias das disciplinas científicas no eido dos dereitos fundamentais a manifestar o seu interese por ocupar un posto de membro do Comité Científico da Axencia.

Eidos de actuación

— a recompilación, rexistro, análise e difusión de datos e informacións pertinentes, obxectivos, fiables e comparables sobre os dereitos fundamentais, incluídos os resultados das actividades de investigación e supervisión que lle comuniquen os Estados membros da UE e as institucións da Unión, así como os seus órganos, organismos e axencias, os centros de investigación, os organismos nacionais, as organizacións non gobernamentais, os terceiros países e as organizacións internacionais, e en particular os organismos competentes do Consello de Europa,
— o desenvolvemento de métodos e normas para mellorar a comparabilidade, a obxectividade e a fiabilidade dos datos sobre os dereitos fundamentais a escala europea, en cooperación coa Comisión e cos Estados membros da UE,
— a realización de investigacións e traballos científicos, estudos preparatorios e de viabilidade en materias relacionadas cos dereitos fundamentais,
— a formulación e publicación de conclusións e ditames sobre temas concretos relacionados cos dereitos fundamentais,
— a publicación dun informe anual sobre as cuestións relativas aos dereitos fundamentais cubertas polos sectores de actividade da Axencia, onde tamén se resaltarán os exemplos de boas prácticas,
— a publicación de informes temáticos baseados nas propias análises, investigacións e enquisas da Axencia,
— o desenvolvemento dunha estratexia de comunicación, e o fomento do diálogo coa sociedade civil, co fin de aumentar a sensibilización da opinión pública.

Destinatarios

Os membros do Comité Científico serán expertos nunha ou varias das disciplinas relacionadas cos dereitos humanos ou relevantes para estes, como as seguintes:
— ciencias sociais, o que supón que os candidatos dispoñan de coñecementos técnicos nos eidos das metodoloxías de investigación e a investigación comparativa transnacional,
— Dereito, incluído o Dereito constitucional comparativo, a lexislación da UE e o Dereito internacional,
— ciencias políticas,
— estatística.

Duración do proxecto

5 anos

Data de publicación

30/05/2012

Data límite de solicitude

04/07/2012

Documentación

Contacto

E-mail: selection-scientific-committee@fra.europa.eu

Comentarios

Nótese que, debido ao elevado número de candidaturas que recibimos, ao acadarse a data límite de presentación das mesmas o sistema podería ter problemas para xestionar tal cantidade de datos. Por conseguinte, recomendamos presentar la candidatura mucho antes da data límite.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante