Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

OLAF/2012/D5/03 - Formación, Conferencias e Seminarios. Ámbito Legal

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

A presente convocatoria de propostas está dedicada á cofinanciación de seminarios, estudos comparativos, medidas para difundir a experiencia, así como a organización dunha reunión anual dos presidentes das asociacións relacionadas coa protección dos intereses económicos da Unión Europea.
Con iso, a Comisión pretende estimular a reflexión e o debate en aspectos de particular interese relacionados coa estratexia contra a fraude.

Eidos de actuación

As seguintes actividades estarán financiadas por esta convocatoria de propostas:
- A organización de seminarios e conferencias;
- Estudos sobre dereito comparado;
- A difusión, incluída a publicación, dos coñecementos científicos relativos á protección dos intereses financeiros da UE;
- Publicación e distribución dunha revista científica sobre a protección dos intereses financeiros da Unión Europea;
- A organización da reunión anual dos Presidentes das Asociacións de Dereito Penal Europeo e para a protección dos intereses financeiros da UE.

Destinatarios

A presente convocatoria esta aberta para :
- autoridades nacionais ou rexionais;
- calquera tipo de instituto de investigación e educación
- calquera tipo de organización sen ánimo de lucro.

Financiamento

A cofinanciación é de 90%.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total da convocatoria é de 700.000 euros.

Duración do proxecto

A duración das actividades pode estar comprendida entre 9-15 meses, dependendo da actividade.

Data de publicación

09/05/2012

Data límite de solicitude

31/05/2012

Documentación

Contacto

Para calquera tipo de pregunta relacionada coa convocatoria envien un correo á seguinte dirección:

OLAF-FMB-HERCULE-LEGALec.europa.eu

Comentarios

Hai dúas datas a ter en conta para o envio de solicitudes:
31 de Maio 2012 e 1 de Outubro 2012

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante