Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

OLAF/2012/D5/02 - Apoio técnico na loita contra a fraude, corrupción, contrabando de cigarros e falsificación

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

A Oficina Europea de Loita contra a Fraude (OLAF) invita ás administracións nacionais e rexionais a que presenten propostas sobre asistencia técnica para o uso, por parte das autoridades nacionais, de ferramentas especiais de investigación e métodos na loita contra a fraude e a corrupción, e o apoio técnico para reforzar as inspeccións de colectores e camións nas fronteiras exteriores da UE, incluída a loita contra o contrabando e a falsificación de cigarros.

Eidos de actuación

A asistencia técnica consiste en:
- apoio técnico para o uso das autoridades nacionais de ferramentas especiais de investigación e métodos na loita contra a fraude e a corrupción, e:
- apoio técnico para reforzar as inspeccións de colectores e camións nas fronteiras exteriores da UE, incluída a loita contra o contrabando de cigarros e a falsificación.

Destinatarios

A presente convocatoria este destinada a :
- Organizacións sen ánimo de lucro
- Entidades públicas rexionais
- Entidades públicas nacionais
Os candidatos poden pertencer aparte dos estados membros, aos países candidatos.

Financiamento

A cofinanciación é de 50% dos gastos elexibles pero o importe dun proxecto non pode superar 2 millóns de euros.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total da convocatoria é de 3,75 millóns de euros.

Data de publicación

09/05/2012

Data límite de solicitude

31/05/2012

Documentación

Contacto

Calquera pregunta relacionada á convocatoria envienla á seguinte direccción:

OLAF-FMB-HERCULE-TA@ec.europa.eu.

Comentarios

A convocatoria ten dúas datas límites de envio de solicitudes:
31 de Maio 2012 e 13 de Setembro 2012.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante