Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Formación dos xuíces nacionais en dereito da competencia europea e cooperación xudicial entre xuíces nacionais

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

Co- financiar proxectos que teñan por obxectivo promover a cooperación xudicial e a formación entre xuíces nacionais no contexto do reforzo das normas de competencia europeas así como as normas de Axudas de Estado có obxectivo de contribuír ao desenvolvemento e execución da política de competencia europea e as medidas europeas de cooperación na área da competencia co fin de asegurar a consistencia da política de competencia da UE.

Eidos de actuación

Proxectos con este obxectivo poden consistir en:

- Actividades formativas en forma de conferencias, seminarios, coloquios, reunións e simposios no dereito de competencia da UE para os xuíces nacionais así como cursos de formación a curto ou longo prazo sobre o dereito de competencia na UE baixo programas estudio para os xuíces nacionais.

- Actividades que promovan a cooperación e/ou o traballo en rede entre os xuíces nacionais, en concreto entre as autoridades xudiciais ou outras organizacións públicas ou privadas ou asociacións activas na área de aplicación das normas do dereito da competencia europeo por parte de xuíces nacionais ou responsables para motivar ou dirixir a correcta aplicación do dereito de competencia da UE por parte dos xuíces nacionais.

Destinatarios

Autoridades públicas, organizacións públicas ou privadas debidamente establecidas nun dos Estados membros da UE.

Financiamento

A taxa de co- financiamento máxima é do 80 % dos custos elixibles totais.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total da convocatoria previsto é de 800.000 €

Data de publicación

18/04/2012

Data límite de solicitude

31/05/2012

Documentación

Contacto

E-mail de contacto: JUDGES@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante