Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Hercule II 2012 - ELA - Convocatoria de Propostas: Formación, Conferencias e Seminarios. Ámbito Legal

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

A presente convocatoria de propostas está dedicada á cofinanciación de seminarios, estudos comparativos, medidas para difundir a experiencia, así como a organización dunha reunión anual dos presidentes das asociacións relacionadas coa protección dos intereses económicos da Unión Europea.
Con iso, a Comisión pretende estimular a reflexión e o debate en aspectos de particular interese relacionados coa estratexia contra a fraude.

Eidos de actuación

As seguintes actividades estarán financiadas por esta convocatoria de propostas:

- A organización de seminarios e conferencias;
- Estudos sobre dereito comparado;
- A difusión, incluída a publicación, dos coñecementos científicos relativos á protección dos intereses financeiros da UE;
- Publicación e distribución dunha revista científica sobre a protección dos intereses financeiros da Unión Europea;
- A organización da reunión anual dos Presidentes das Asociacións de Dereito Penal Europeo e para a protección dos intereses financeiros da UE.

Destinatarios


A presente convocatoria esta aberta para calquera tipo de organización pública ou privada da UE e dos países asociados:

- Organizacións sen ánimo de lucro
- Entidades públicas rexionais
- Entidades públicas nacionais

Financiamento

A parte de cofinanciación no caso desta convocatoria pode alcanzar un 90%. En todos caso un proxecto poderá recibir desde un mínimo de 25.000 euros ata un máximo de 100.000 euros segundo as actividades que organiza.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total deste convocatoria é de 700.000 euros.

Duración do proxecto

Depende do tipo de actividade que se desenvolva.

Data de publicación

10/04/2012

Data límite de solicitude

15/05/2012

Documentación

Contacto

Para máis información e preguntas envien un correo a:

OLAF-FMB-HERCULE-LEGAL@ec.europa.eu

Comentarios

A presente convocatoria ten dous prazos para enviar as solicitudes:
15 de Maio 2012 e 1 de Outubro 2012

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante