Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Indicadores de alta frecuencia para o comercio mundial e rexional (2012/C 93/09).

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

A Comisión Europea pon en marcha unha convocatoria de propostas para a elaboración e a presentación mensual de indicadores da evolución do comercio global e rexional.

Obxectivo específico da convocatoria

O obxectivo é elaborar un conxunto suficientemente homoxéneo e exhaustivo de variables do comercio rexional, con cobertura mundial. Estas variables deberán estar dispoñibles a curto prazo, co fin de indicar aos responsables políticos europeos posibles variacións da coxuntura externa ou posibles problemas de competitividade de determinados Estados membros. As variables no son datos estatísticos no sentido estrito, xa que deberán estimarse moitos dos datos que falten.

Destinatarios

Organismos e centros (persoas xurídicas) legalmente establecidos en algún dos Estados membros da UE.

Financiamento

A taxa máxima de co- financiamento é do 50%.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento indicativo global desta acción para os catro períodos anuais é de 200.000 euros, isto é, 50.000 euros ao ano.

Duración do proxecto

Cada convenio de subvención referirase á presentación de 12 series mensuais de indicadores.

Data de publicación

30/03/2012

Data límite de solicitude

30/04/2012

Documentación

Contacto

O e-mail de contacto é o seguinte:
ECFIN-CALL-2012-TRADE-INDICATORS@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante