Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

ALF/CFP/2012/ MT1. A Fundación Euromediterránea para o Diálogo entre Culturas Anna Lindh (ALF)


Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

O obxectivo desta convocatoria é contribuír a fomentar o rol da Fundación na promoción do diálogo intercultural ao nivel raíz da sociedade, a través da mobilización e participación da comunidade e a través do apoio da execución das iniciativas da sociedade civil.

Obxectivo específico da convocatoria

Esta convocatoria terá por obxectivo apoiar as ideas de proxectos que promovan a mobilización e o apoderamento da sociedade civil para a inclusión e a cidadanía en liña coa Estratexia ALF “4D”. Esta estratexia concibe o Diálogo intercultural como un factor da mobilización da sociedade, dirixido a valorar a diversidade, promover a participación da sociedade na construción aberta e plural das Democracias, e fomentando o Desenvolvemento humano sostible e inclusivo.

Eidos de actuación

- O Diálogo intercultural fomentando o intercambio e a participación na vida pública;
- A Diversidade Social e Cultural como ferramenta para a cohesión e cooperación;
- A Democracia relacionada a prácticas e accións de concienciación na sociedade civil e
- Novos enfoques para o Desenvolvemento humano, integrando dimensións ambientais e socio- económicas.

Destinatarios

- Persoas xurídicas tales como organizacións non gobernamentais, institucións educativas, culturais, académicas ou de investigación, media, fundacións ou autoridades locais, entidades privadas; que sexan membros dunha das 42 redes nacionais ALF.

Socios

- Polo menos unha organización dos seguintes países europeos: Albania, Austria, Bélxica, Bosnia- Herzegovina, Bulgaria, Chipre, Croacia, República Checa, Dinamarca, Estonia, Finlandia, Francia, Alemaña, Grecia, Hungría, Irlanda, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, Mónaco, Montenegro, Holanda, Polonia, Portugal, Romanía, Eslovaquia, Eslovenia, España, Suecia, Reino Unido; E
- Polo menos unha organización dos seguintes países do Sueste Mediterráneo: Arxelia, Exipto, Israel, Xordania, Líbano, Mauritania, Marrocos, Palestina, Túnez, Turquía.

Financiamento

A taxa de co- financiamento máxima é do 80% dos custos elixibles da acción.
A contía mínima permitida é de 20.000 euros e a máxima é de 35.000 euros.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total previsto para esta convocatoria é de 1.350.000 euros.


Duración do proxecto

A duración máxima permitida é de 12 meses e a duración mínima de 8 meses, incluíndo a preparación e a execución de tódalas actividades do proxecto.

Data de publicación

05/03/2012

Data límite de solicitude

16/04/2012

Documentación

Contacto

Anna Lindh Foundation
P.O. Box 732 El Mansheia
Alexandria 21111- Egypt
Tel: (+20) 3 4820 342
Fax: (+20) 3 4820 471
Email: info@euromedalex.org

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante