Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

EuropeAid/132619/M/ACT/MX - Programa de Competitividade e Innovación México – Unión Europea

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

O obxectivo global desta Convocatoria de Propostas é facilitar as relacións entre PEMES mexicanas e empresas europeas.
O obxectivo específico desta Convocatoria de Propostas é a creación ou consolidación dun sistema de intelixencia comercial, que permita identificar as oportunidades de negocio para PEMES mexicanas no mercado europeo e consolidar a información relativa á oferta exportadora das PEMES mexicanas. Xa que logo, preténdese mellorar e facilitar o acceso das empresas mexicanas exportadoras ou con potencial exportador a información relacionada con negocios internacionais.

Eidos de actuación

A implementación dos temas descritos deberá destinarse ao desenvolvemento de polo menos os seguintes módulos temáticos, relacionados coa Intelixencia Comercial e de Negocios:

Módulo I. Intelixencia comercial.
Módulo II. Oferta de produtos mexicanos.
Módulo III. Atención e vinculación

Destinatarios

Pertencer a unha das seguintes categorías: institución estatal autónoma ou paraestatal, asociación empresarial, centro de investigación ou ensino, centro de desenvolvemento empresarial, consello estatal de ciencia e tecnoloxía, ONG ou organización internacional (intergobernamental) con sede nun dos países da UE ou países DCI. Lean atentamente a convocatoria.

Socios


Os solicitantes poderán actuar individualmente ou con organizacións asociadas.

Financiamento

Os gastos cofinanciados mediante esta convocatoria non poderán superar en ningún caso 50-55%.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total deste convocatoria é de 500.000 euros (uns 8,5 millóns de pesos).

Duración do proxecto

A duración prevista inicial dunha acción non poderá ser inferior a 24 meses nin superior a 30 meses.

Data de publicación

20/02/2012

Data límite de solicitude

12/04/2012

Documentación

Contacto

Poderán remitirse preguntas por e-mail como máximo 21 días antes do prazo límite para a presentación dos Documentos de Sínteses á dirección seguinte, indicando claramente a referencia da Convocatoria de Propostas:

Dirección de e-mail: convocatoriaprocei.mx

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante