Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

ENIAC-2012-1. Convocatoria de propostas referente ao programa de traballo do ENIAC Joint Undertaking

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

ENIAC Joint Undertaking (JU) é unha asociación público- privada centrada nas nanotecnoloxías que agrupa a Estados membro/asociados, á Comisión Europea, e AENEAS (unha asociación que representa aos actores europeos de I+D nesta área.

Coordina actividades de investigación a través de convocatorias competitivas para acadar unha maior integración e miniaturización dos dispositivos, e incrementar as súas funcionalidades mentres que se entregan novos materiais, equipamentos e procesos, novas arquitecturas, procesos de manufacturación innovadores, deseño de métodos “provocadores”, novos métodos de empaquetamiento e “sistematización”. Isto conducirá e será dirixido por aplicacións innovadoras en comunicación e informática, transporte, asistencia sanitaria e benestar, enerxía e xestión ambiental, seguridade e lecer.

Obxectivo específico da convocatoria

Esta convocatoria céntrase en proxectos que traten coa investigación tecnolóxica e actividades de desenvolvemento tales como a formulación de conceptos tecnolóxicos, probas experimentais e validación en condiciones de laboratorio correspondentes aos niveis 2 a 5 de preparación tecnolóxica.

Destinatarios

Entidades con personalidade xurídica propia, xa sexan, empresas, institucións de investigación sen ánimo de lucro, universidades e asociacións.

Financiamento

A taxa de co- financiamento é do 15% dos custos elixibles.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total desta convocatoria é de 25,220 millóns de euros.

Data de publicación

23/02/2012

Data límite de solicitude

12/04/2012

Documentación

Contacto

Marta Sanchez +34 916038399 eniac@micinn.es
Rebeca Frias +34 915815500 rebeca.frias@cdti.es

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante