Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Xustiza Civil. Formación dos xuíces nacionais en dereito da competencia europea e cooperación xudicial entre xuíces nacionais

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

Co- financiamento de proxectos dirixidos a promover a cooperación xudicial entre, e a formación de, xuíces nacionais no contexto de execución de normas de competencia europeas, incluíndo os artigos101 e 102 do TFUE así como as normas de Axudas de Estado có obxectivo de contribuír ao desenvolvemento e á execución da política de competencia europea e as medidas de cooperación da UE na área da competencia para asegurar a consistencia da política de competencia da UE.

Obxectivo específico da convocatoria

Os temas prioritarios son:
- Asegurar a coherencia e a consistencia na execución das normas de competencia europeas incluíndo os artigos 101 e 102 do TFUE e/ou as Axudas de Estado; isto inclúe a execución de remedios para as infraccións das normas de competencia da UE establecidas polo dereito europeo ou influenciadas polos principios do dereito da UE e a propia execución do dereito de competencia europeo en casos sometidos á lei nacional.
- Mellorar e fomentar a cooperación entre xuíces nacionais na área do dereito de competencia europeo, isto inclúe a execución de mecanismos específicos de cooperación entre xuíces nacionais e autoridades de competencia, así como redes e intercambios entre xuíces nacionais.
- A necesidade de formación específica dos xuíces. Esta formación ten que ser definida en base ao contido da formación así como ao intercambio entre xuíces nacionais.

Eidos de actuación

Proxectos dirixidos á formación dos xuíces nacionais, que traten con casos de competencia a nivel nacional, referido ao dereito de competencia da UE.

Destinatarios

Autoridades públicas o organizacións privadas debidamente establecidas nun dos Estados membros da UE.

Socios

Polo menos socios de dous Estados membros diferentes ou ben un socio dun Estado membro e o outro dun Estado en vía de accesión ou dun país candidato.


Financiamento

A taxa máxima de financiamento é do 80%

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total previsto para esta convocatoria é de 800.000 €.

Duración do proxecto

A duración máxima do proxecto é de 24 meses.

Data de publicación

29/02/2012

Data límite de solicitude

17/04/2012

Documentación

Contacto

A dirección email de contacto é a seguinte: COMPTRAININGJUDGES@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante