Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

EuropeAid/132462/L/ACT/PY - Programa Temático Actores Non Estatais e Autoridades Locais no Desenvolvemento - Paraguai

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

O obxectivo global desta Convocatoria de Propostas é apoiar accións a nivel nacional, propostas e executadas por OSC, Ao e asociacións de autoridades locais (AAL) dos Estados membros da UE e Paraguai co fin de reforzar a estes actores e de promover unha sociedade inclusiva e democrática, en liña cos compromisos internacionais de desenvolvemento (ex. Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio).
Os obxectivos específicos son:

Para o lote 1: orientado cara aos actores non estatais. O fortalecemento da Sociedade Civil organizada para que garanta a inclusión dos mozos (15-29 anos) nas seguintes áreas: educación, emprego, saúde sexual e reprodutiva impulsando ao mesmo tempo a formación e práctica da cidadanía xuvenil a través da educación cívica e participación democrática.

Para o lote 2: orientado cara ás autoridades locais. O fortalecemento institucional das Autoridades Locais e as súas asociacións para que poidan valorizar e protexer o seu patrimonio cultural e natural, ofrecendo aos seus cidadáns un ambiente san e ecoloxicamente equilibrado, desenvolvendo ao mesmo tempo o seu potencial turístico.

Eidos de actuación

As accións deben estar en liña cos temas e prioridades seguintes:

Lote 1: Actores non estatais
1.1 Mocidade e educación
1.2 Mocidade e traballo
1.3 Mocidade e saúde sexual e reprodutiva
1.4 Mocidade e participación

Lote 2: Autoridades locais
2.1 Protección do medio ambiente e do patrimonio cultural e natural
2.2 Desenvolvemento do turismo sostible e sustentable.

Destinatarios

Os solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos para poder optar a unha subvención:

- ser unha persoa xurídica e
- non ter ánimo de lucro e
- pertencer a unha das categorías seguintes:

- para o lote 1: axentes non estatais como definido no articulo 24, parágrafo 2, do REGULAMENTO (CE) Non 1905/2006 polo que se establece un Instrumento de Financiamento da Cooperación ao Desenvolvemento
As autoridades locais non poden ser solicitante no lote 1 pero poden figurar como socio ou entidade colaboradora.
e

- para o lote 2: autoridades municipais e asociacións de autoridades municipais.

Socios

Para las propuestas presentadas por solicitantes europeos es obligatoria la asociación de mínimo un socio de nacionalidad Paraguaya.

Financiamento

As subvencións solicitadas dentro desta Convocatoria de Propostas estarán comprendidas entre as seguintes porcentaxes mínimo e máximo do custo de gastos elegibles da acción:

- Porcentaxe mínima: 60 % do total estimado dos custos elegibles da acción
- Porcentaxe máxima: cando os solicitantes sexan de nacionalidade Paraguaia as subvencións estarán limitadas a 90% do total estimado de custos elegibles, mentres que cando os solicitantes sexan de nacionalidades da UE as subvencións deberán estar limitadas a 75% do total dos custos elegibles da acción (ver tamén apartado 2.1.4).

Orzamento total da convocatoria


O orzamento total da convocatoria ascende a uns 2,6 millóns de euros.

Duración do proxecto

A duración prevista dunha acción non poderá ser inferior a 24 meses nin superior a 36 meses.

Data de publicación

15/02/2012

Data límite de solicitude

10/04/2012

Documentación

Contacto

Poderán remitirse preguntas por e-mail ou fax como máximo 21 días antes do prazo para a presentación dos documentos de sínteses á(s) dirección(é) seguinte(s), indicando claramente a referencia da convocatoria de propostas:

Dirección de e-mail: delegation-paraguay@eeas.europa.eu
Fax: 595 21 213975

Comentarios

As accións só poderán realizarse no territorio de Paraguai.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante