Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

EuropeAid/132321/L/ACT/GT - Programa Temático Actores Non Estatais e Autoridades Locais no Desenvolvemento – Guatemala

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

O programa temático ten por obxectivo apoiar ás organizacións da sociedade civil na accións encamiñadas a promover unha sociedade integradora e autónoma, a fin de:

- beneficiar á poboación fose do alcance dos servizos xerais e dos recursos e excluídos dos procesos de decisión,
- fortalecer a capacidade das organizacións da sociedade civil de Guatemala, para facilitar a súa participación na definición e o monitoreo de políticas públicas e de estratexias de desenvolvemento sostible, e
- facilitar a interacción entre o Estado e os actores non estatais en diferentes contextos e impulsar un maior diálogo para o desenvolvemento.

Eidos de actuación

As actuacións desta convocatoria esta convocatoria son as seguintes:

- Fomentar mecanismos/procesos de negociación e resolución de conflitos, e o fortalecemento de redes de sociedade civil para mellorar a súa participación en temas prioritarios e pendentes da axenda política en temas como: desenvolvemento rural, medio ambiente, actividades económicas e investimento estranxeiro, asuntos agrarios, asuntos hídricos, seguridade alimentaria

- Incrementar e consolidar a participación efectiva de actores non estatais e de redes de organizacións guatemaltecas dentro do proceso de diálogo político e lexislativo en temas de interese nacional; incluíndo a definición de estratexias de desenvolvemento sostible do país, a xeración de información e a democratización da comunicación.

- Desenvolver e/ou fortalecer as capacidades da sociedade civil nos procesos de monitoreo e seguimento do investimento e implementación de políticas publicas, en sectores craves como: seguridade e xustiza, seguridade alimentaria, manexo e protección do ambiente, proceso de integración rexional de Centroamérica, comercio, emprego decente e protección laboral e outros relevantes para garantir o desenvolvemento.

Destinatarios

Os solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos para poder optar a unha subvención:
- ser unha persoa xurídica
- non ter ánimo de lucro
- pertencer á categoría de actor non estatal (organización non gobernamental, agrupacións campesiñas, indíxenas, de mulleres e de mozas, fundacións e asociacións, universidades e centros de investigación, organizacións sindicais e similares)
- ter a nacionalidade guatemalteca ou dun dos países membros da Unión Europea ou doutro País elegible como especificado no Regulamento (CE) N° 1905/2006 .
- ser responsables, cos seus socios, directamente da preparación e xestión da acción e non limitarse simplemente a actuar como intermediario.

Financiamento

A cofinanciación por parte da Comisión no caso da presente convocatoria varía entre un 50% e un 100% da accións elegibles segundo casos. Lean atentamente o texto completo da convocatoria.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total da convocatoria é de 1,9 millóns de euros.

Duración do proxecto

A duración prevista dunha acción non poderá ser inferior a 24 meses nin superior a 48 meses.

Data de publicación

17/02/2012

Data límite de solicitude

30/04/2012

Documentación

Contacto

Poderán remitirse preguntas por e-mail ou fax como máximo 21 días antes do prazo límite para a presentación dos Documentos de Sínteses á(s) dirección(é) seguinte(s), indicando claramente a referencia da Convocatoria de Propostas:

Dirección de e-mail:
DELEGATION-GUATEMALA-NSA@eeas.europa.eu

Fax: 502 238 425 96

Comentarios

Atención as accións desta convocatoria executaranse en GUATEMALA.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante