Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

EuropeAid/132342/L/ACT/GT - Programa Autoridades Locais no desenvolvemento – Guatemala.

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

O obxectivo global desta Convocatoria de Propostas é apoiar a iniciativas de autoridades locais e as súas asociacións a fin de avanzar no proceso de descentralización e de contribuír ao desenvolvemento local sostible no país.

Eidos de actuación

As prioridades desta convocatoria de propostas son:

1. Fortalecer a xestión pública local (municipal, mancomunada, departamental) a nivel técnico, administrativo e financeiro e promover a formulación, a implementación e o monitoreo de políticas públicas locais e de ordenamento territorial;
2. Mellorar a xestión das finanzas públicas municipais e promover a transparencia na execución do orzamento, a rendición de contas e o desenvolvemento de iniciativas destinadas a aumentar os ingresos propios;
3. Apoiar aos actores locais a cumprir coas competencias propias e delegadas nos termos establecidos polo Código Municipal.

Destinatarios

Calquera entidade pública ou privada(: por exemplo: organización non gobernamental, operador do sector público, colectividade territorial, organización internacional intergobernamental) dun dos estados membros ou asociados ao Programa.

Financiamento

A cofinanciación pode variar entre o 50% e o 100% dos custos elexibles.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total desta convocatoria é de 475.000 euros.

Duración do proxecto

A duración prevista dunha acción non poderá ser inferior a 12 meses nin superior a 36 meses.

Data de publicación

14/02/2012

Data límite de solicitude

10/05/2012

Documentación

Contacto

En aras da igualdade de trato dos solicitantes, a Administración contratante non pode dar unha opinión previa sobre a elegibilidad dun solicitante, dun socio ou dunha acción.

As preguntas que poidan resultar de interese para outros solicitantes, así como as respostas, publicaranse no sitio de Internet de EuropeAid

https://webgate.ec.europa.eu/europeaid/online-services/index.cfm?do=publi.welcome

e Delegación da Comisión Europea en Guatemala

http://www.delgtm.ec.europa.eu.

Deste xeito, recoméndase consultar periodicamente a pagina Internet mencionada anteriormente para estar debidamente informado das preguntas e respostas publicadas.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante