Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

EACEA/11/12 Programa de mobilidade académica INTRA-ACP África (Mwalimu Nyerere), Caribe e Pacífico

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

O programa ten por obxectivo promover o desenvolvemento sostible e a mitigación da pobreza incrementando a dispoñibilidade da man de obra profesional cualificada de alto nivel nos países de África, o Caribe e o Pacífico.

Obxectivo específico da convocatoria

Reforzar a cooperación entre as institucións de formación superior (IFS) de África, Caribe e o Pacífico con vistas a incrementar o acceso a unha educación de calidade que estimule aos estudantes e lles permita emprender estudos de posgrao, así como procurar o mantemento dos estudantes na rexión e a mobilidade do persoal (académico e administrativo) grazas a unha maior competitividade e atractivo das propias institucións.

Eidos de actuación

O proxecto incluirá a identificación dos programas existentes de máster e doutorado de alta calidade, a organización e execución da mobilidade de estudantes e o persoal de estes niveis da educación superior, a facilitación da educación/formación e outros servizos a estudantes estranxeiros e as tarefas de docencia/formación e investigación e outros servizos ao persoal dos países incluídos no proxecto.

Destinatarios

Institucións de educación superior (IES) dos países de África, Caribe e Pacífico que facilitan cursos de grao e/ou doutorado no eixo da ensinanza superior.

Socios

Entre 3 e 12 institucións.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total previsto para esta convocatoria é de 12 millóns de euros.

Data límite de solicitude

15/05/2012

Documentación

Contacto

Joachim FRONIA
Education Audiovisual & Culture Executive Agency
Avenue du Bourget 1
BOUR / BOU2*
BE-1140 Brussels
Email. Joachim.FRONIA@ec.europa.eu
Tel. +32-2-29 59692
Fax. +32-2-29 21328

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante