Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Programa MED- O mediterráneo en Europa. “Innovación para enerxías renovables e solucións de eficiencia enerxética nas regiones e cidades do mediterráneo”.

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

Mellorar a competitividade da área do mediterráneo dun xeito que garanta o crecemento e o emprego para as vindeiras xeracións. Así como promover a cohesión territorial e a protección ambiental, de acordo coa lóxica do desenvolvemento sostible.

Obxectivo específico da convocatoria

Os Eixos prioritarios 1 e 2 do programa MED:

Eixo 1: Innovación. Promove a difusión de tecnoloxías innovadoras e o know-how así como fortalece a cooperación estratéxica entre os sectores público e privados.

Eixo 2: Ambiente. O espazo MED é un espazo rico en activos que conta cunha ampla biodiversidade a cal precisa ser protexida a diferentes niveis ambientais a través de actividades transnacionais coordinadas.

Eidos de actuación

A innovación encamiñada cara o desenvolvemento de enerxías renovables e a eficiencia enerxética.
- Crear redes transnacionais entre organizacións que apoien as empresas, os operadores económicos, as cámaras de comercio, clusters para facilitar a transferencia de tecnoloxía así como a difusión de prácticas innovadoras e know-how.
- Promover as asociacións transnacionais para protexer, mellorar e incrementar a concienciación de zonas fráxiles e os seus recursos dende un punto de vista de desenvolvemento territorial integrado e de turismo sostible, así como promover a biodiversidade a través da protección e a mellora dos recursos naturais e, crear e difundir materiais innovadores e procesos de produción que permitan reducir o consumo entre as partes interesadas públicas e as empresas.

Destinatarios

Actores territoriais e do eido socio- económico, en particular: entidades locais e rexionais, cidades e áreas metropolitanas, autoridades nacionais, organismos privados (asociacións público – privadas), estruturas de cooperación de PEMEs, e organizacións sen ánimo de lucro.

Financiamento

A taxa de co- financiamento é do 75%.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total do programa é de 250 millóns de euros para o período 2007- 2013.

Data de publicación

10/02/2012

Data límite de solicitude

12/04/2012

Documentación

Contacto

Marian Uriarte
Ministerio de Economia y Hacienda
DG Fondos comunitarios
Paseo de la Castellana, 162 E-28046 Madrid
Tél. :+34 (91) 58.35.091
muriarte@sgpg.meh.es

Comentarios

Trátase dunha pre- convocatoria, sendo a data prevista da súa publicación oficial o vindeiro 10 de febreiro.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante