Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Europeaid/132438/C/ACT/Multi. Programas do instrumento de apoio á sociedade civil. Apoio ás organizacións da sociedade civil. Apoio ás redes temáticas rexionais.

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

Acadar unha sociedade civil máis dinámica que participe no debate público sobre democracia, dereitos humanos, inclusión social e o Estado de dereito, e con capacidade para influír na política e na toma de decisións.

Obxectivo específico da convocatoria

Un maior compromiso e capacidade da organización das redes da sociedade civil para dar aos cidadáns unha voz e influencia nos procesos de reforma do sector público a través da análise, o seguimento e a defensa.

Eidos de actuación

En temas de: ambiente, inclusión social, desenvolvemento socio-económico, reconciliación, dereitos humanos, transparencia e boa gobernanza, como os medios de comunicación e a liberdade de expresión. E está especialmente destinada a accións que teñan lugar en Beneficiarios IPA nos Balcáns occidentais e Turquía con actividades asociadas menores nos Estados membros e / ou Islandia.

Destinatarios

Persoas xurídicas, sen ánimo de lucro e que sexan unha organización da sociedade civil ou rede representativa de organizacións da sociedade civil que traballen nun ou máis temas de relevancia nesta convocatoria.

Financiamento

A contía mínima financiada será de 500.000 € e a contía máxima será de 800.000 €, contando cunha porcentaxe do co- financiamento mínimo do 20% e unha porcentaxe de co- financiamento máxima do 80%.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total previsto para esta convocatoria é de 11.000.000 euros.

Data límite de solicitude

13/04/2012

Documentación

Contacto

Enviar email á seguinte dirección electrónica: Elarg-CSF-clarifications@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante