Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

COST. 2012/C 15/05 (Cooperación Europea en investigación científica e técnica).

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

Accións que contribúan ao desenvolvemento científico, tecnolóxico, económico, cultural ou social de Europa. Acolle con especial interese as propostas que teñan un papel precursor respecto de outros programas europeos e/ou sexan postas en marcha por investigadores noveis

Obxectivo específico da convocatoria

Temáticas:
-Biomedicina e biociencia molecular
-Ciencias e tecnoloxías químicas e moleculares
-Ciencias da Terra e xestión ambiental
-Alimentación e agricultura
-Bosques e os seus produtos e servizos
-Individuos, sociedades, culturas e saúde
-Tecnoloxías da información e a comunicación
-Materiais, física e nanociencias
-Transporte e desenvolvemento urbano

Eidos de actuación

Promóvense redes de investigación con carácter innovador, interdisciplinario e xeral có obxecto de consolidar os cimentos da excelencia científica en Europa.
A convocatoria cubre os custes de actividades en rede como reunións, conferencias, talleres, intercambios científicos a curto prazo, escolas de formación, publicacións e actividades de difusión. COST non financia a investigación en si mesma.

Destinatarios

Investigadores e expertos de diferentes países que traballan en temas específicos.

Socios

As propostas deben integrar a investigadores procedentes dun mínimo de cinco países da COST.

Financiamento

O apoio financeiro é da orde de 130 000 EUR anuais, en xeral por un período de catro anos, dependendo do orzamento dispoñible.

Data de publicación

18/01/2012

Data límite de solicitude

30/03/2012

Documentación

Contacto

Almudena Agüero
Ministerio de Ciencia e Innovación
Calle Albacete 5
28027 Madrid
Spain

Tel. +34 91 603 71 58
Fax +34 91 603 70 88
almudena.aguero@micinn.es

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante